XX Premio 1º de Maio UGT Coruña e Cee

Ca entrega destos premios, o máximo reconocimiento do sindicato, a UGT Coruña e Cee quere resaltar o labor dos seus delegados e delegadas, e agradecer o seu traballo diario.

Fecha: 30 Abr 2024

Imaxe das persoas que recibiron o galardón

Hoxe 26 de abril, a Unión Comarcal de UGT Coruña e Cee fixo entrega da XX edición dos seus tradicionais Premios 1º de Maio, cos que ano tras ano distinguen a aquelas persoas que se significan no eido laboral.

Este ano os galardóns son para:

Puede ser una imagen de 4 personas y texto que dice "UGT Galicia CorunaCee Coruña Cee UGT UGTOUG UC UGT UGT primeiro m:10 UGT Galicia ACoruña Cee UGT Galicia Coruna Cee UGTON ١ UGT Galicia ACoruña. UGT Galicia Coruna Cee"

José Enrique Baamonde Rodríguez - Federación de Servicios, Mobilidade e Consumo (FeSMC-UGT)

Afiliado á UGT dende o ano 1976. Comezou a exercer a súa labor sindical como delegado de persoal na súa empresa, Adeslas, onde foi elixido reiteradamente polos seus compañeiros e compañeiras ata a súa xubilación.

Dentro do sindicato ocupou diferentes responsabilidades nas comisións executivas da Federación de Seguros, da Unión Comarcal de A Coruña e da UGT Galicia. No ano 1992 foi nomeado Secretario de Administración da antiga Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas (FEBASO) en A Coruña. No I Congreso da Federación de Servicios (FeS) de Galicia, do ano 2001, foi elixido Secretario Sectorial de Seguros e Oficinas. Por último, exerceu o cargo de Secretario de Administración en FeS Coruña.

Puede ser una imagen de 4 personas y texto que dice "UGT Galicia Coruña G MAIO STOU UGT UGT Galicia Ao Coruna Cee primeno mI210 UGT Galicia ACoruna Cee UGTON UGT Galicia Coruña Cee UGT Galicia Coruna Cee"

María José Calvo Orgeira - Federación de Servicios Públicos (UGT-SP)

Enfermeira de profesión e afiliada á UGT dende o ano 1992. Comezou no mundo sindical como delegada da sección sindical do CHUAC en 1997. En 2013 pasa a formar parte da Comisión Executiva da Federación de Servicios Públicos (FSP) de A Coruña, co cargo de Vicesecretaria Xeral, para asumir a Secretaría Xeral, tras quedar en xestora esta federación. No ano 2019 foi reelixida como Secretaria Xeral da Federación de Servicios Públicos (UGT-SP) de A Coruña, hasta a actualidade.

Puede ser una imagen de 3 personas y texto que dice "UGT Galicia Coruñae UGTO/ Cee GT UGT UGTEUGT UGT UGT UGT UGT UG UGT UG UGT UG U primeiro 動E10 UGT Galicia Coruna Cee UGT Galicia ACoruñaeCe Cee ١ UGT Galicia UGT Galicia A ACoruña Cee"

Roberto Teijido Corral - Federación de Industria, Construción e Agro (FICA-UGT)

Realizou a súa formación profesional na escola de aprendices da Fábrica de Armas de A Coruña, dende o ano 1966 ata o 1971, de onde pasou a traballar en Talleres Carral, para incorporarse definitivamente á propia Fábrica de Armas no ano 1975, tras facer o servicio militar.

Afiliado á UGT dende o ano 1978, presentouse por primeira vez ás eleccións sindicais en 1982, cando a candidatura de UGT obtivo un espectacular resultado contando con 14 dos 17 representantes no Comité da Fábrica de Armas. Nese mesmo ano xa se incorporou á negociación do Convenio Colectivo Estatal de Santa Bárbara en Madrid. Posteriormente asumiría cargos dentro da súa empresa como a Presidencia do Comité Intercentros ou do Comité Europeo. No ano 1998 asumiu responsabilidades orgánicas no Sindicato Intercomarcal de UGTMetal de A Coruña, pasando a ser elixido Secretario Xeral de este mesmo sindicato no ano 1991, cargo que ostentou ata a súa xubilación no ano 2018.

 

Ca entrega destos premios, o máximo reconocimiento do sindicato, a UGT Coruña e Cee quere resaltar o labor dos seus delegados e delegadas, e agradecer o seu traballo diario.

A Unión Comarcal de UGT Coruña quere tamén poñer de manifiesto que agora toca protexer o contrato de traballo, repartir marxes empresariais, seguir mellorando emprego e salarios, reducir xornada e coidar a clase traballadora.

Asimismo, convocamos á cidadanía a participar nos actos e manifestacións convocadas para mañá 1º de Maio, para defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais:

  • 10:00 realizaremos a entrega floral no cemiterio civil xunto con CCOO.
  • 11:00 realizaremos a entrega floral na Praza de Pablo Iglesias co PSOE.
  • 12:00 manifestación con saída dende a Praza da Palloza ata a Praza de Ourense.

› Manifesto de UGT e CCOO para o Primeiro de Maio

› Imaxes do XX Premio 1º de Maio UGT Coruña e Cee