XVII Premios 1º de maio UGT A Coruña e Cee
UGT Coruña fai entrega dos premios 1º de maio
Fecha: 30 Abr 2021
Despois de non poder entregar os premios o ano pasado, este ano UGT A Coruña e Cee retoma os seus galardóns do 1º de maio, rendindo homenaxe as persoas traballadoras de tódolos sectores esenciais, que nos axudaron a afrontar a pandemia.
Co motivo da pandemia que estamos a padecer, o ano pasado non se pudo celebrar a edición correspondente destos premios, así como o resto de actos enmarcados dentro da celebración da Festa do Traballo do 1º de maio. Por iso, este ano retómanse os galardóns, rendindo un sincero homenaxe ás traballadoras e os traballadores que durante a pandemia continuaron desenrolando o seu traballo, por estar dentro dos denominados sectores esenciais, permitindo ó conxunto da sociedade cubrir as súas necesidades básicas ante unha situación nunca antes experimentada.
UGT Coruña quere premiar a unha persoa de cada unha das súas tres Federacións en representación dos sectores esenciais das mismas. As personas premiadas serán, polo tanto:
-Pola Federación de Servicios, Movilidade e Consumo (FeSMC): Noelia Amor Santiago, traballadora da limpeza do CHUAC en Acciona Facility Services, vinculada dentro do sector da limpeza, que está a sufrir a negativa da patronal a negociar un convenio digno, a pesar do aumento do traballo que teñen a raíz da pandemia. Recolle o premio en representación dos sectores esenciais da súa Federación, como son o seu propio de Limpeza, Comercio Alimentación, Seguridade Privada, Servicios Financieros, Telecomunicacións, Medios de Comunicación e Transportes.
-En representación da Federación de Servicios Públicos (FeSP): Mª Encarnación Ripoll Brunetti Técnica en Coidados de Enfermería en UCI do CHUAC, que recibe o premio en representación de todo o Sector Sanitario, o que pertence, pero tamén dos sectores de Atención de Maiores e Discapacidade, Farmacias, Correos, Servizos á Comunidade, Recollida de Residuos Sólidos Urbanos, Limpeza Viaria, Emerxencias e Seguridade Pública, Xusticia e Educación.
- Da Federación de Industria, Construcción e Agro (FICA): Alberto Miniño Oujo, traballador de Naturgy, que ademáis está amenazado nestos momentos, xunto as seus compañeiros do Centro de Operación de Red Galicia, pola deslocalización dos seus postos de traballo. Con esta distinción representan ós traballadores e traballadoras do seu propio sector Enerxético, así como ós dos sectores de Industria de Alimentación, Siderúrxico, Estacións de Servizo e Conservación e Mantemento de Carreteras, que están encuadrados na súa Federación.
A Comisión Executiva da Unión Comarcal de UGT Coruña tamén cederá as personas premiadas o seu lugar na cabecera da manifestación que se celebrará o 1º de maio en A Coruña, como mostra de seu agradecemento a tódolos traballadores e as traballadoras esenciais.
Ca entrega destos premios, UGT Coruña quere resaltar a labor de tódalas persoas traballadoras que continuaron a súa labor durante a pandemia e especialmente tamén a intensa tarea dos seus delegados e delegadas, que estiveron nos centros de traballo solucionando os problemas que acontecían ante esta inédita situación.
A Unión Comarcal de UGT Coruña quere tamén poñer de manifiesto que a pandemia non debe de servir como escusa para causar máis danos á clase traballadora, especialmente ás mulleres e ós xóvenes e, para ilo, é necesario acometer as reformas oportunas para que esta crisis non a paguen os máis débiles, que ademáis son os que nos mantiveron a flote durante esta situación de emerxencia.