XIX Premio 1º de Maio UGT Coruña e Cee
Fecha: 26 Abr 2023
Hoxe 26 de abril, a Unión Comarcal de UGT Coruña fixo entrega da XIX edición dos seus tradicionais Premios 1º de Maio, cos que ano tras ano distingue a aquelas persoas que se significan no eido laboral.
Este ano os galardóns son para :
Manuel Santiso Iglesias - Federación de Servizos, Movilidade e Consumo (FeSMC).
Afiliado á Unión General de Trabajadoras y Trabajadores dende o ano1972. A súa labor sindical o acompañou ao longo da súa carreira profesional, xa que foi membro do Comité de Empresa de Urbanos de La Coruña (actual Compañía de Tranvías), do Comité Intercentros de ENALCAR e, membro do Comité de Empresa de AUDASA, onde se xubilou.
Ademáis, no noso sindicato tuvo cargos de relevancia xa que foi o Secretario Nacional do Sector de Carreteiras, Secretario Provincial do Sector de Carreteiras, membro da Comisión Permanente Estatal del Sector de Carreteiras e membro do Comité Federal da Fesmc. Así mesmo, dende o ano 2012 segue a colaborar coa UGT dende o puesto de responsable da Unión de Pensionistas y Jubilados de UGT Coruña.
Delia Irene Martínez - Federación de Servizos Públicos (SP). Afiliada á UGT dende 1984. Desempeñou funcións de delegada sindical dende as primeiras eleccións sindicais das Administracións públicas no 87, na Delegación Provincial de Insalud da Coruña.
Ademáis dentro do Sindicato tivo diferentes responsabilidades dentro da Federación de Servicios Públicos da Coruña (Secretaría de Comunicación e a Secretaría de Sanidade). Con posterioridade pasou a desempeñar a Secretaría de Acción Social da UGT da Coruña. Con motivo da constitución da FSP en Galicia no 91, incorporouse á Comisión Executiva Nacional para desempeñar a Secretaría do Sector de Sanidade e Sociosanitario, responsabilidades que desempeño ata o ano 2005 que se incorporou á Secretaría de Organización de UGT Galicia. É dende o 2016 é Secretaria Xeral de UGT Servicios Públicos de Galicia, membro do Comité Confederal e do Comité Federal de UGT Servicios Públicos.
Manuel Neira Naveira – Federación de Industria, Contrución e Agro (FICA). Comezou a traballar na empresa Emesa Trefilería no ano 72 ata a súa xubilación no ano 2010. No ano 1983 se afiliou á Unión General de Trabajadoras y Trabajadores e comezou a súa labor sindical no ano 85, xa que Manuel foi membro e presidente do Comité de Empresa dende dito ano ata a súa xubilación anticipada no 2010.
Ademáis, no noso sindicato formou parte da Comisión Executiva do Sindicato Comarcal de UGT Metal na Coruña no cargo de Secretario de Prensa e Propaganda. Xa no 92, entrou a formar parte da Comisión Executiva da Unión Comarcal de UGT Coruña Xunto a José Carrillo.
Ca entrega destos premios, o máximo reconocimiento do sindicato, a UGT Coruña e Cee quere resaltar o labor dos seus delegados e delegadas, e agradecer o seu traballo diario.
A Unión Comarcal de UGT Coruña quere tamén poñer de manifiesto que a situación actual non debe de servir como escusa para causar máis danos á clase traballadora, é necesario subir os salarios, baixar os prezos e repartir beneficios.