Urxe subir salarios, controlar prezos e limitar os beneficios empresariais
Fecha: 14 Out 2022
As persoas traballadoras non poden pagar de novo as consecuencias dunha crise
O dato do IPC da nosa comunidade do mes de setembro publicado hoxe polo INE mostra unha tasa anual do 9,2% (cifra máis acusada que no estado que é de 8,9%), un punto e oito décimas menor que no mes de agosto.
UGT A Coruña e Cee considera que a inflación, empuxada na orixe pola alza dos produtos enerxéticos e extendida despois polo comportamento especulativo das empresas de moitas actividades, continúa a ser o principal problema da economía española, xa que, as condicións salariais que se están a firmar nos convenios colectivos sitúanse, de media nun 2,61%, moi por debaixo do 9%. Unha situación que levou ás organizacións sindicais á convocatoria de mobilizacións en outubro e novembro baixo o lema “Salario ou conflito”.
O sindicato destaca que os traballadores y traballadoras non poden ser, de novo, os que carguen cas consecuencias dunha nova crise provocada inicialmente pola pandemia e agravada pola invasión de Rusia en Ucrania cando comenzaba a recuperación da economía española. Non se pode aceptar unha nova pérdida de poder adquisitivo dos salarios, como aconteceu na crise do 2008, nin é admisible que aumenten de maneira descontrolada os prezos de bens e servizos básicos, como a alimentación, a enerxía ou a vivenda, encarecida polo aumento dos tipos hipotecarios.
É fundamental tomar medidas sin demora
UGT A Coruña e Cee reivindica subidas salariais moderadas no convenio, pero con cláusulas de revisión salarial que garantan o poder de compra unha vez se confirme o aumento do nivel xeral dos prezos do 2022. A súa vez, o sindicato esixe medidas máis efectivas para reducir o prezo dos produtos enerxéticos como a electricidade, o gas, os combustibles, amortiguar as consecuencias do incremento das cuotas hipotecarias ca creación dun fondo público temporal como o xa proposto, ou medidas de control dos prezos dos alimentos nunha ampla cesta de produtos. Todo elo esixe poñer cerco ós marxes de beneficios desmesurados que disfrutan moitas empresas coa coartada do aumento dos prezos das materias primas.
É fundamental que se apliquen medidas máis efectivas para reducir a inflación con contundencia e que, ao mesmo tempo, se garanta o poder adquisitivo das personas traballadoras.
Datos
O INE rexistrou unha tasa anual do IPC para o mes de setembro en Galicia do 9,2%, 1,8 puntos menor que a do pasado mes. A variación mensual foi del -0,8%, o que implica que deu un descenso do nivel xeral de prezos entre agosto e setembro.
No relativo á inflación subxacente, que non contempla os produtos enerxéticos e os alimentos non elaborados, este mes produciuse un descenso da súa tasa anual ata o 6,2% (dato estatal), dúas décimas menos que no mes de agosto. Trátase da primeira redución da tasa anual dende fai 15 meses.
O INE sinala que as causas do descenso das tasas anuais de nivel xeral dos prezos está na evolución dos prezos da electricidade e dos carburantes, fronte o aumento rexistrado en setembro do 2021. Pola súa parte, é preocupante que o grupo con maior influencia ó alza na evolución da tasa anual sexa o grupo de alimentos e bebidas non alcohólicas polo seu peso importante na cesta da compra das familias.