Urxe rematar ca desigualdade dixital, sanitaria e bancaria que sufren os nosos maiores
Fecha: 24 Xan 2022
UGT denuncia a exclusión dixital e informática e a desprotección que sufren as persoas maiores de 55 anos, que incide nunha exclusión sanitaria e bancaria, máxime ante a escasez de recursos sanitarios públicos e o peche de sucursais bancarias. A causa destas limitacións, 9,4 millóns de españois de máis de 55 anos non poden acceder á banca online, e 11 millóns non saben cómo pedir cita cun médico por internet ou instalar una app no seu móbil, que lle permita descargar o certificado Covid ou interactuar co su banco.
No 2021, o 30% das persoas maiores de 55 anos non utilizaron nunca internet e ata un 70% non sabe instalar una app no seu móbil. Ademáis, casi a metade dos maiores de 55 anos non acredita ningunha habilidade informática e menos do 18% ten habilidades dixitais básicas. As mulleres son as máis vulnerabeis nesta materia: o aproveitamento destos servizos esenciais descende ata 8 puntos porcentuais con respecto ós homes.
Máis recursos para a sanidade e esixir o compromiso da banca
A pandemia Covid19 revelou as deficiencias do noso sistema sanitario e sobre todo a falta de recursos humanos e financieiros provocados polas políticas de recorte levados polas distintas CCAA. Algo ó que hai que poñer remedio.
Por outro lado, as políticas de exclusión social e territorial que executa a banca, co peche masivo de sucursais e o despido de decenas de milleiros de traballadores, repercute tamén sobre un peor servizo ós ciudadanos, especialmente a os máis vulnerabeis dixitalmente, como os nosos maiores. Un 60% das persoas de 75 anos nunca utilizou Internet; e máis da metade das persoas entre 65 e 74 anos nunca envía ou recibe un correo electrónico, nin sabe usar un buscador de Internet para encontrar información.
É hora de poñer fin a esta desigualdade múltiple e facilitar a vida ás persoas maiores, marxinadas dun mundo dixital que moitas veces non está ó seu alcance. Por iso, é necesario que o Gobierno adopte medidas para evitar a excusión dos nosos maiores en tódolos ámbitos, incluido o dixital.
UGT esixe poñer en marcha, de forma inmediata, planes de alfabetización dixital centrados nos colectivos onde se concentra a fractura tecnolóxica, implicar a tódalas Administraciones Públicas, especialmente ás entidades locais e deputaciones, e prestar unha atención prioritaria ó xénero e o hábitat rural. A financiación europea debe axudar para cumplir con este obxetivo, pero debe comezar a fluir rápida e eficazmente, para chegar á cidadanía que necesita esta axuda imprescindible.