Unindo forzas gañamos avances en igualdade, en progreso social, en democracia e en dereitos das mulleres.

No día de hoxe pola mañá concentrámonos na Praza das Cigarreiras xunto con CCOO para dar lectura o Manifesto Conxunto con motivo do 8M.

O motivo de elexir dita ubicación é porque a Fábrica de Tabacos foi un lugar de traballo feminino, de encontro, de sororidade, de apoio mutuo,... pero tamén foi un espazo de protesta laboral, xa que nela tuvo lugar a primeira folga das mulleres da historia de Galicia motivada pola chegada de novas máquinas que ameazaban algúns postos de traballo. Así mesmo, na plaza está situada a escultura con homenaxe ás mulleres vítimas da violencia de xénero.

Nesta xornada reivindicativa polos dereitos das mulleres e a igualdade, manifestamos a necesidade de adoptar medidas máis eficaces para conseguir a igualdade real e efectiva de
mulleres e homes na nosa sociedade, con garantías nos resultados, e de forma máis específica no mundo laboral, onde a discriminación por razón de sexo e as brechas de xénero seguen presentes.

Recoñecemos os avances lexislativos dos últimos anos, que valoramos moi positivamente, aínda que, o certo é que os datos sobre a situación das mulleres no ámbito laboral seguen sendo moi preocupantes.

Como cada ano, manifestamos a nosa máis contundente repulsa contra todos e cada un dos actos da violencia que padecen as mulleres polo mero feito de selo baixo os patróns e regras do patriarcado, que sempre busca a maneira de resistir e garantir a súa supervivencia de distintas maneiras. Como sindicalistas feministas, o noso firme compromiso de loita para a erradicación de todas e cada unha das formas de violencia machista, maniféstase a través da nosa acción sindical en cada empresa e centro de traballo, unindo as nosas voces e forzas co movemento feminista e contribuíndo coas institucións na implantación de políticas públicas dirixidas á eliminación das violencias contra as mulleres, coa aposta contundente e eficaz que esixe a defensa dos dereitos humanos de máis da metade da poboación. 

›› Manifesto 8 de Marzo: "Igualdade real, compromiso sindical"