UGT solicita a rescisión de Limpiezas Córdoba nos servizos de limpeza de Correos

Fecha: 22 Xuñ 2023

Imaxe da pancarta durante a concentración
Imaxe da concentración diante da Sede de Correos

Ante os reiterados retrasos no abono das nóminas o cadro de persoal de Limpiezas Córdoba concentrouse diante da Sede de Correos, para solicita a rescisión inmediata da empresa Limpiezas Córdoba como concesionaria dos servizos de limpeza da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e que se faga o pagamento dos importes pendentes.

Dende UGT xa denunciamos que as follas das condicións deste concurso non se adecuaban á normativa laboral nin ao convenio colectivo vixente; de inicio, o presuposto establecido non cubría os custos salariais do persoal e moito menos os gastos do servizo.

Por todo ilo solicitouse que o presuposto fora suficiente e se advirteu que de manterse dita situación provocaríanse impagos ou retrasos no abono dos salarios das persoas traballadoras. Por desgracia non nos equivocamos e se están a producir retrasos no abono dos salarios, así como incumplimentos constantes, causando inseguridade e desesperación.

Se a situación non se soluciona, convocarán unha folga indefinida dende o día 26 de xuño.