UGT foi protagonista dos avances sociais e laborais deste país
Fecha: 07 Abr 2022
O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez pon en valor, durante a Asemblea Confederal en Córdoba, os logros obtidos durante os últimos anos para impulsar os dereitos da clase traballadora e aborda os retos a futuro da organización e do noso país
Pepe Álvarez resaltou que os logros son todas as medidas conseguidas tras a pandemia para que o lema de “que ninguén se quede atrás” se faga unha realidade. Realizamos un traballo moi importante durante os últimos anos para que as persoas non teñan tantas dificultades para chegar a fin de mes.
Algunha das medidas impulsadas polo sindicato, como os ERTE (que permitiron salvar cerca de 4 millóns de emprego); o Ingreso Mínimo Vital para os colectivos máis vulnerábeis; a lei de teletraballo; e a Ley Rider.
Ademáis, destacou as leis que impulsamos para favorecer a igualdade e rematar ca brecha de xénero; a subida do SMI (en cinco anos pasou de 655 euros a os 1.000 actuais); a reforma das pensións (asegurando o poder adquisitivo dos nosos e nosas pensionistas actuais e dos futuros); e a reforma laboral, clave para o impulso da economía e o emprego e para a mellora dos dereitos das persoas traballadoras.
Retos imprescindibles
Durante a súa intervención Pepe Álvarez, Secretario Xeral de UGT, falou dos retos a futuro do noso país. O primeiro deles é o aumento do salario, xa que a inflación está descontrolada.
Por iso, é imprescindible que os convenios colectivos teñen que conter un aumento claro do poder adquisitivo das persoas traballadoras e a cláusula de garantía salarial (solo o 16% dos convenios conteñen dita claúsula).
Outro dos retos a abordar, é a segunda parte da reforma laboral. Impulsar un novo Estatuto dos Traballadores do século XXI, que actualice as relacións laborais e tódalas cuestións que cambiaron dende os 80. Un Estatuto que recolla a nova realidade produtiva e tamen novos dereitos para os delegados e delegadas, co fin de estar protexidos cando se presentan ás eleccións sindicais, garantindo a acción sindical nas empresas.
A saúde e a seguridade no traballo é un dos graves problemas do noso país. É preciso reformar a lei, xa que cada día dúas persoas morren como consecuencia do seu traballo. O Estado debe financiar os costes que sexan necesarios para traballar pola prevención nos centros de traballo. Queremos instaurar delegados provinciais de saúde e seguridade no traballo que traballen sobre esta cuestión e acabar cas enfermedades profesionais e a siniestralidade nos centros de traballo. Solicitaremos o Goberno unha comisión para abordar unha nova lei de saúde e seguridade no traballo.
A redución do tempo de traballo é un factor clave na nova era productiva. Queremos que as 32 horas laborables á semana sexan o futuro da nosa xornada de traballo.
Os fondos de reconstrución, son unha gran oportunidade para España, para transformar as empresas, crear empregos de calidade e conseguir unha economía verde e sostible. Son unha gran oportunidade para construir unha España máis verde e para fortalecer o nosos servizos públicos. É imprescindible invertir máis para solventar as necesidades dos cidadáns e cidadás.