UGT e CCOO convocan manifestacións polo Primeiro de Maio en todo o país
Agora Toca Cumprir. Un país en débeda ca xente traballadora
Fecha: 30 Abr 2021
UGT e CCOO chaman as traballadoras e traballadores a manifestarse este 1º de Maio en máis de 70 cidades de todo o país para reclamar unha axenda social e un modelo social e económico máis xusto, a obriga de protexer e reforzar os servizos públicos e destacar o valor insustituible do trabajo e das persoas traballadoras.
Foi un ano moi duro, tanto no ámbito sanitario como no económico e social, no que a pandemia segue manifestándose virulentamente e onde os servizos públicos e os esenciais seguen sendo claves. Por iso, neste 1º de Maio CCOO e UGT queremos poñer en valor o mundo do traballo e facer un reconocimiento explícito a tódalas persoas traballadoras que forman parte dos servizos esenciais, que nun momento tan complicado e en medio dunha praga de contaxios están ó fronte.
Agora toca cumprir. Toca situar no diálogo social as materias relacionadas con esta posta en valor do mundo do traballo e das actividades esenciais e, de manera urxente, poñer en marcha a axenda social pendente e comprometida co Goberno.
Esto pasa por poñer en primeiro lugar ás persoas nas políticas de reconstrución deste país. Para elo, é urxente finalizar a negociación das materias que quedaron pendentes na mesa de diálogo social ca chegada da pandemia (derogar a reforma laboral do 2012, acabar ca dualidad do mercado de traballo, recuperar a ultraactividade dos convenios colectivos e a referencia de mínimos dos convenios sectoriales) pero tamén hai que abordar outras medidas como unha reforma da contratación que acabe ca elevada e endémica temporalidade ; negociar medidas de flexibilidade interna fronte ó recurso ó despido; apostar por un modelo público de pensións e derogar a reforma unilateral do PP de 2013; mellorar as prestaciones por desemprego, renovar as políticas activas de emprego; aprobar unha lei de igualdade salarial ou promover un plan de choque contra a siniestralidade que free as inaceptables cifras de accidentes laborais. UGT e CCOO consideramos, asimesmo, inxustificable a negativa do Gobierno a subir o Salario Mínimo Interprofesional, que afecta ás persoas máis vulnerables, moitas delas traballadoras de sectores esenciais.
CCOO e UGT chamamos as organizacións empresariais a potenciar o diálogo bipartito e buscar un novo Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que facilite o desenrolo dos convenios colectivos para afrontar unha salida xusta e equitativa desta crisis, que non supoña una devaluación dos salarios, e avanzar nos procesos de modernización e adaptación as novas realidades que se están a producir no mundo do traballo.
UGT e CCOO, sindicatos internacionalistas, aproveitamos esta data para recordar ás miles de persoas que en todo omundo loitan por mellores condiciones de vida para as e os traballadores, arriscando incluso a súa vida. Rendimos homenaxe a tódalas mulleres e homes que en todo o mundo se enfrentan ós poderosos sin máis fin que o ben común.
Finalmente, CCOO e UGT recordamos que a sanidade e os coidados son dereitos universais e, por iso, esiximos a tódolos gobiernos –rexionais, nacionais e supranacionais– que garantan que as vacinas e medicamentos cheguen a todo o planeta, tanto por xusticia como por efectividade.
Estos son os compromisos de UGT e CCOO neste Primeiro de Maio. Por uso convocamos manifestacións e concentracións nas principais cidades españolas, porque o país está en débeda ca súa xente traballadora, porque agora toca cumplir e mellorar os seus dereitos laborais e as súas condicións de vida.