UGT denuncia que as traballadoras do fogar seguen sufrindo discriminacións por razón de xénero.

No Día Internacional das Traballadoras do Fogar, a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) quere lembrar a todos que, a pesar do avance tanto na relación laboral especial como na actividade, estas traballadoras manteñen elementos que as diferencian do resto de traballadores e traballadoras e que, como sinalou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea en dúas sentenzas, constitúen unha clara discriminación por razón de xénero.

Este tipo de traballo, desempeñado maioritariamente por mulleres e, en particular, por mulleres de nacionalidade estranxeira ou de orixe migrante, presenta os niveis máis altos de traballo a tempo parcial e é a actividade peor remunerada, o que fai que a precariedade das condicións laborais se estenda ata a protección social para as persoas pensionistas:

  • Das 583.200 persoas empregadas nesta actividade en 2024, 65.900 eran homes. Pero mentres que as mulleres que traballan a tempo parcial representan o 62,3% do total das traballadoras deste sector, a porcentaxe de homes que traballan a tempo parcial descendeu ata o 26,6%.
  • Das 557.000 persoas ocupadas neste sector en 2023, 259.800 (o 47%), todas elas a tempo parcial, cobraban un salario medio bruto mensual inferior a 1.000 euros.
  • Segundo os datos de 2023, a pensión media de xubilación dun home no Sistema Especial de Empregados do Fogar foi de 645,63 euros, fronte aos 614,12 euros das mulleres que traballan neste réxime especial. Neste contexto, o 63,1% do conxunto das pensións de xubilación do Sistema Especial percibiu complementos mínimos.
  • En relación co anterior, no caso do total das traballadoras afiliadas á Seguridade Social de nacionalidade extranxeria, un 1,1% segue dado de alta máis aló dos 65 anos. Esta porcentaxe ascende ao 3% entre as traballadoras estranxeiras dadas de alta no Sistema Especial de Traballadoras do Fogar.

A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores, cumprido xa un ano desde que o 29 de febreiro de 2024 entrou en vigor para o noso país o Convenio 189 da OIT sobre traballadoras e traballadores do fogar , reclama a apertura dunha mesa de Diálogo Social para abordar, entre outras, as seguintes demandas:

  • Reformular a finalidade desta relación laboral para prohibir expresamente a contratación de coidados profesionais.
  • As bonificacións da parte empleadora nas súas cotizacións ao Sistema Especial de Traballadoras do Fogar deberán ser unha medida temporal e, en todo caso, vinculadas ás tarefas e capacidade económica das familias.
  • Abordar a desaparición da relación laboral especial e a súa inclusión no Estatuto dos Traballadores.
  • Avanzar na avaliación das distintas tarefas realizadas, establecendo a axeitada compensación para cada unha delas.
  • Establecer medidas que garantan unha protección efectiva contra todas as formas de abuso, acoso e violencia no ámbito laboral, xa sexa por parte dos que forman parte da familia ou que eventualmente ingresan nela.
  • Prohibir o traballo interno, reducir a xornada presencial e prohibir a xornada presencial nos contratos a tempo parcial nos termos establecidos no artigo 12.5 do Estatuto dos traballadores para as horas complementarias.
  • Cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre a necesidade de implantar o rexistro horario.
  • Igualar o importe da indemnización por extinción do contrato de traballo co dos demais traballadores e traballadoras.  
  • Valorar se, de acordo co Convenio 138 da OIT sobre idade mínima, este traballo só debe ser realizado por persoas maiores de 18 anos debido ás dificultades para garantir a ausencia de perigo para a súa saúde e seguridade no desempeño do seu traballo.
  • Prohibir, perseguir e sancionar as axencias de emprego non autorizadas e regular especificamente a actividade das axencias de colocación de traballadoras do fogar e das plataformas dixitais para evitar que os servizos que ofrecen sigan enmascarando o que debería ser unha relación laboral común entre a axencia e a persoa traballadora.
  • Vixilar e sanciar ás axencias autorizadas, así como ás plataformas divitais, que vulneren o principio de non discriminación mediante a difusión de ofertas en función dunha determinada nacionalidade ou xénero.
  • Implantar a medida recollida no Plan de acción nacional contra o traballo forzoso: relacións laborais obrigatorias e outras actividades humanas forzosas, sobre o fortalecemento da actividade inspectora no sector do traballo doméstico, pero coa inclusión de medidas que, aínda que salvagardan o dereito constitucional á inviolabilidade do fogar, non releguen a un nivel secundario o cumprimento dos dereitos laborais das traballadoras, incluídas as mulleres en situación administrativa irregular.