UGT consigue unha nova sentencia de traballo a distancia en Atento
Fecha: 12 Xan 2024
Unha traballadora de Atento Coruña, representada polos Servizos Xurídicos de UGT, consegue a modalidade de traballo a distancia como medida de conciliación.
No ano 2012, tuvo que recurrir a reducir a súa xornada para o coidado da súa nai, cos anos a situación non mellorou e, o pasado mes de agosto solicitou á empresa Atento poder realizar as súas tarefas en modo traballo a distancia. A empresa rexeita a solicitude alegando “graves perxuizos na organización do traballo”.
Agora, o Xulgado do Social nº4 da Coruña, obriga á empresa “a recoñecer o dereito a prestar os servizos na modalidade de teletraballo os cinco días da semana”, indicando que a traballadora “acredita, de maneira suficiente, que a súa nai atópase necesitada de supervisión tanto en función da súa idade como das diversas patoloxías que padece", como por outra parte, datos xa xustificados dende o ano 2012, data a partir da cual se recoñece a reducción de xornada”.
Dende UGT seguiremos trabajando para facilitar que os traballadores e traballadoras poidan facer realidade o dereito a conciliar, ben desde a nosa postura negociadora ou ante os Tribunais.