UGT considera insuficiente o bono xoven aprobado polo Goberno

Fecha: 18 Xan 2022

Vivienda

RUGE – UGT duda da súa efectividade e considera que a falta de concreción da medida aprobada hoxe no Consello de Ministros pode conducir a un uso fraudulento do bono por parte dos arrendatarios


RUGE – Revolución Ugetista laméntase da gran oportunidade perdida para establecer unhas políticas de vivenda realmente innovadoras e valentes que rematen co problema do acceso da vivenda das persoas xóvenes. A organización xoven do sindicato cree que o Executivo demostra estar lonxe da realidade social, dado que un país cunha tasa de emancipación xuvenil do 14,9% non pode anunciar como medida estrela un bono que, no mellor dos casos, so beneficiaría a 70.000 persoas e que, tal e como está plantexado, xenera profundas dudas a súa efectividade.

Para RUGE, os límites do prezo total da vivenda que se esixen para poder acceder á subvención estimula que o mercado se eleve, propiciando que parte de ese bono de vivenda xoven acabe no peto do arrendatario en lugar de ser un aforro real para a persoa xoven. A organización sindical xoven de UGT cree que estas axudas deben estimular a que os alugueres frenen a alza abusiva dos prezos, controlándoos cun límite de aluguer que esté basado nun tope de euros por metro cadrado e acorde co prezo actual medio da zona.

Por tanto, para RUGE – UGT esta proposta parece unha cortina de fume para enmascarar un fracaso político como é o de non alcanzar unha lei de vivenda que responda ás necesidades vitais da sociedade e, especialmente, das personas máis vulnerables. No caso da vivenda no noso país, tanto para a compra como para o aluguer se requiere dunhas medidas restrictivas que controlen a alza do prezo desmesurado que se está a producir e se avance en poder ofrecer un parque de vivendas público a prezos moito máis axustados para garantir o dereito fundamental de acceso a unha vivenda digna.

Ademáis dunha profunda reforma no mercado da vivienda do noso país e da maneira na que se debe xestionar ese ben básico, o Gobierno está na obriga de avanzar de cara a un modelo productivo e laboral que logre unha maior estabilidade e convencemento ás persoas xóvenes traballadoras. Esto non so pasa por unha reforma laboral que atalle (parcialmente) a precariedade, se non que esixe que se inicie de maneira inminente un desentolo profundo de aqueles sectores estratéxicos necesarios que transformen o noso mercado productivo e xeneren empleos netos.