As traballadoras e traballadores de Teleperformance protestan polas sancións na campaña de Iberdrola

As traballadoras e traballadores de Teleperformance-Coruña mobilizáronse o pasado día 26, con dúas quendas de paros e unha concentración diante das instalacións da empresa, para
trasladar a súa máxima repulsa e disconformidade coas sancións arbitrarias aplicadas pola empresa a varios traballadores e traballadoras da campaña de Iberdrola. 

Neste senso, demándase a retirada inmediata das devanditas sancións.


Dende o Comité de empresa considérase que se trata de medidas que pretenden intimidar e non se van consentir, de feito, de continuar a situación, estudarase outro calendario de mobilizacións.