As traballadoras e traballadores de Concentrix rexeitan o ERE

Protagonizaron unha xornada de folga e dúas mobilizacións, fronte á Delegación do Goberno e a empresa

Fecha: 15 Xul 2026

Concentración diante da Delegación de Goberno do persoal de Concentrix

O cadro de persoal de Concentrix protagonizou esta semana dúas mobilizacións, o día 13 e o día 15, este último fronte á sede da Delegación do Goberno.

A dirección de Concentrix vén de comunicar un novo ERE que podería afectar a 160 persoas traballadoras, tras as 80 relativas ao ERE xa anunciado anteriormente.

Esta situación é consecuencia do proceso que Microsoft, empresa á cal Concentrix lle presta servizos, está a emprender reducindo e deslocalizando servizos a terceiros países como Exipto ou India.

Concentrix é unha empresa con máis de 5.000 traballadores no Estado que atende e da servizo a máis de 80 grandes compañías de sectores como a tecnoloxía, financeiro, téxtil ou automoción. Polo que ten capacidade suficiente para redistribuír as cargas de traballo e evitar a destrución de emprego.