A tendencia dos datos de desemprego e afiliación é contraria á rexistrada no resto do Estado

É imprescindible non baixar a garda e continuar traballando na mellora do mercado laboral

Fecha: 12 Xan 2026

Imaxe aérea onde se ven os caixóns dos barcos de transporte marítimo colocados no porto.

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social correspondentes ao mes de decembro, mostran na provincia da Coruña unha baixada da afiliación e unha suba do desemprego, tendencia contraria á rexistrada no resto do Estado.

En concreto, a afiliación á Seguridade Social diminuiu en decembro en 1.283 persoas respecto a novembro. O número medio de persoas afiliadas sitúase en 479.469. En termos interanuais, isto representa un aumento de 8.273 persoas afiliadas, o que se traduce nunha taxa de creación de emprego do 1,76%, un ritmo notable e sostido.

En canto ao desemprego, o desemprego aumentou en 156 persoas en comparación con novembro (0,35%), chegando ás 44.469 persoas. Durante o último ano, o desemprego reduciuse en 2.296 persoas, o que representa unha caída do 4,91%.

Catro anos despois da entrada en vigor da reforma laboral, é evidente que os cambios introducidos foron cruciais para fortalecer o emprego e manter o ritmo da actividade económica. Non obstante, aínda son necesarias máis reformas para mellorar de forma efectiva as condicións de vida das persoas traballadoras:

  • Reforzar as políticas activas de emprego.
  • Aumento real dos salarios, limitando os efectos da compensación e a absorción.
  • Regulación dos despedimentos.
  • Horarios de traballo máis equilibrados 

Datos principais na Provincia da Coruña

- En decembro rexistráronse un total de 44.469 persoas en situación de desemprego, 156 persoas mais que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 2.296 persoas (-4,91%).

- Neste mes hai 358 homes máis e 202 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a novembro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.128 mulleres e o masculino en 1.168 homes. As mulleres representan o 57,91% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.876 en decembro, o que supón unha diminución de 88 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en novembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 43 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminuiu en decembro en 75 persoas; chegando a un total de 3.725 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 206 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa unha aumento de 156 persoas paradas. Se produce un aumento no sector da construción en 158 persoas, no sector do agro de 14 persoas, 134 persoas na industria e unha diminución no sector de servizos de 16 persoas e 134 persoas no colectivo sen emprego anterior.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 1.283 persoas en decembro, ata alcanzar unha media de 479.469 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 25.263 dos cales 6.127 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de decembro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 24,25%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 37 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.840 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 68 persoas (-3,56%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro son: Muros (4 persoas) e Dumbría (1 persoa). No resto dos Concellos se rexista un aumento do paro, así mesmo o paro é más acusado nos Concellos de Carnota (13 persoas), Outes (8 persoas) e Mazaricos (6 persoas).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 59 persoas (son 22.582 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.029 persoas (-4,36%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: A Coruña (17 persoas) e Oleiros (13 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos de Carballo (45 persoas), Coristanco (16 persoas) e Culleredo (15 persoas).