Sumamos

No día do Orgullo LGTBI queremos manifestar o noso total apoio á diversidade na vida e no emprego. UGT Coruña e Cee traballará na eliminación das discriminacións LGTBIfóbicas nos postos de traballo ata que a igualdade real e efectiva sexa unha realidade na vida das persoas.

Queremos manifestar o noso compromiso na defensa dos dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuales, bisexuales e intersexuales e renovamos a nosas propostas de actuación. UGT quere introducir en tódolos convenios as garantías para unha convivencia diversa nos centros de traballo, acabando ca LGTBIfobia dentro e fora das empresas.

Para dar un impulso á loita contra a discriminación das persoas LGTBI, UGT e CCOO firmamos un acordo de unidade de acción para actuar e sensibilizar ós traballadores e ós empresarios na necesidade duns entornos laborais inclusivos. Deste xeito, proponemos avanzar no reconocimiento legal de dereitos, introducir medidas planificadas que avancen na igualdade, e establecendo protocolos contra o acoso discriminatorio que sirvan de ferramenta para que a discriminación non quede impune.

É un traballo que levamos anos realizando ambos sindicatos na medida das nosas posibilidades, pero sabemos que na unión poderemos avanzar máis e mellor e conseguir que tanto as persoas traballadoras como as empresas consideren que a discriminación LGTBIfóbica debe ser erradicada do ámbito laboral e do social.

A Lei de Igualdade de Trato y Non Discriminación, como a Lei para a Igualdade Real e efectiva das Persoas Trans e a Garantía dos Dereitos das Persoas LGTBI, van a permitir avanzar nos dereitos legalmente reconocidos e incidir na igualdade de tódaslas persoas polo que contan co noso apoio.

Nestos momentos en que a ultradereita está en plena campaña de discursos de odio contra as persoas LGTBI, esiximos unha implicación das institucións máis contundente contra os discursos de odio, porque as palabras favorecen a agresividade e a violencia contra as persoas, perxudicando seriamente a convivencia.

UGT manifesta que a lexislación pode mellorarse, en particular no ámbito laboral, que queda na práctica á voluntade empresarial de aplicar medidas: reclamamos a obrigatoriedade de negociar en tódalas empresas de máis de 250 traballadores Planes de Diversidade, que conteñan medidas dirixidas á igualdade e non discriminación das personas LGTBI. As empresas teñen que asumir que son a súa responsabilidade directa as situacións de LGTBIfobia que se dan no seu seno.

Son necesarios:

• O establecemento de protocolos antidiscriminatorios, que supoñan un freo á LGTBIfobia e un aliciente á igualdade e non discriminación nas empresas.

• A negociación de plans de diversidade con medidas que garantan a igualdade no acceso e eliminen as trabas na carreira profesional das persoas LGTBI.

• O desenrolo de campañas de formación e sensibilización das persoas traballadoras contra a LGTBIfobia.

• A inclusión nas actuaciones formativas de módulos transversais para a igualdade.

• Protocolos de acompañamiento para as personas trans.