Segundo Comité Comarcal de UGT A Coruña e Cee
Fecha: 24 Out 2022
O venres tuvo lugar o 2 Comité Comarcal de UGT A Coruña e Cee no Edificio dos Sindicatos en A Coruña.
No mesmo se fixo efectiva a modificación da Secretaría de Igualdade que pasará a ser responsabilidade de Lidia Louzao Rama.
No transcurso do Comité se falou da situación sociolaboral actual e, se puxeron enriba da mesa propostas de traballo de cara ós vindeiros meses.
Salario ou Conflito
Neste 2º Comité Comarcal de UGT-Coruña e Cee tamén se falou da continuidade das mobilizacións para reclamar unha "Xustiza Salarial", xa que o 3 de novembro haberá unha gran mobilización en Madrid baixo o lema “Salario ou conflito”.
A día de hoxe a negociación colectiva segue bloqueada xa que as patronáis néganse a unha negociación xusta nos convenios colectivos.
O Comité puxo valor as melloras conseguidas nos últimos meses dende UGT, como son o Acordo de pensións, a subida do SMI e a Reforma Laboral. Pero hai que seguir traballando para seguir recuperando dereitos para o conxunto das persoas traballadoras.
Aumento das marxes empresariais
Urxe que os gobernos estean vixiantes ante o aumento indecente das marxes empresariais e articular medidas para limitar os efectos negativos sobre a cidadanía, como algunhas das que se viñeron adoptando. Xa que a clase traballadora non pode seguir asumindo os custos da crise, a día de hoxe o 25,2% por cento da poboación galega está en situación de risco de pobreza ou exclusión social e, se non se habilitan medidas, coa escalada inflacionista, isto pode empeorar.
Traslado da Sede de Cee
Dende o 1 de outubro está aberta a nova sede de Cee, que está situada na Rúa Santo Adrán 3. O traslado realizouse coa finalidade de ofrecer unha mellor atención as persoas traballadoras e as persoas afiliadas a UGT. Xa que para a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores é moi importante estar preto das persoas e poder atender todas as cuestións ou dificultades que poidan xurdir.
Formación
A formación é moi importante, por iso estanse levando a cabo diferentes xornadas de formación, organizadas tanto dende a Unión Comarcal como dende as diferentes Federacións.