Seguir mellorando as condicións laborais, un dos retos de 2025

É necesario seguir aumentando a calidade do emprego, reformar as políticas activas de emprego, elevar o Salario Mínimo Interprofesional e, sobre todo, conseguir unha redución da xornada ata as 37,5 horas semanais.

Fecha: 08 Xan 2025

Na imaxe vese montonciños de moedas en cantidade ascendente de esquerda a dereita. Enriba dos montóns hai unha liña que simboliza o ascenso. De fondo na imaxe hai unhas plantas en cores verdes.

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social do mes de decembro, publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE), rexistran unha evolución positiva do mercado laboral en liña co que adoita acontecer na época de Nadal.

Así mesmo, este mes o paro rexistrado reduciuse en 1.090 persoas con respecto ao mes anterior, de modo que o ano remata cun total de 46.765 persoas, a cifra máis baixa dun mes de decembro desde 2005. A afiliación á Seguridade Social alcanza o valor de 471.196 persoas para o mes de decembro. Ademais, o ano remata con 5.102 persoas menos no paro e 10.381 máis en afiliación, un sinal inequívoco de que o mercado laboral español está inserido nunha dinámica de crecemento moi favorable tanto en cantidade como en calidade.

Neste mes de decembro cúmprense tres anos da aprobación da reforma laboral de 2021 e, polo que se aprecia, o avance en materia de calidade e estabilidade do emprego é notable e sostido no tempo.

Neste decembro asináronse 23.081 contratos, 2.065 máis que no mesmo mes do ano anterior e 7.739 menos que en decembro de 2021, antes da reforma. Do total que se asinaron este mes, 6.207 son fixos, o que supón o 27% da contratación. Unha cifra que antes da reforma apenas alcanzaba o 10% dos contratos. En definitiva, tras a reforma laboral rexístranse menos contratos que antes, pero estes son máis estables e de maior calidade, tendo reducidos os temporais e permitindo que a figura do contrato indefinido sexa máis representativa.

Un dos problemas a abordar no mercado laboral, é o subemprego, que afecta a case a metade das persoas que traballan a tempo parcial. Estas persoas traballan a tempo parcial porque non poden atopar traballo a tempo completo, o que en xeral se traduce en peores condicións laborais, menores ingresos e, polo tanto, unha maior probabilidade de pobreza laboral. 

Por iso, a xuízo de UGT, a senda de mellora das condicións laborais establecida tras a reforma laboral debe seguir para conseguir un mercado laboral máis eficiente e xusto. Como quedou demostrado, aumentar a calidade do emprego ten beneficios para as persoas traballadoras, pero tamén para a economía en xeral, polo que resulta especialmente relevante conseguir unha redución da xornada ata as 37,5 horas semanais e un importante incremento do salario Mínimo , entre outras medidas. Ambos están intimamente relacionados coa pobreza laboral, posto que aumentan o salario dos que menos cobran e xeran unha distribución do tempo de traballo que aumentará a ocupación a tempo completo. Outro dos aspectos que hai que reformar este ano son as políticas activas de emprego, xa que as persoas desempregadas, especialmente as de longa duración, precisan dunha orientación profesional personalizada e do mellor conxunto de servizos posibles en cada situación, para así mellorar a súa empregabilidade e pode atopar traballo. Para poder ofrecer este servizo non só hai que reformar as políticas activas de emprego, senón que é necesario dotar ao Servizo Público de Emprego dos recursos necesarios para facelo.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En decembro rexistráronse un total de 46.765 persoas en situación de desemprego, 1.090 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 5.102 persoas (-9,84%).

- Neste mes hai 111 homes e 979 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a novembro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 3.137 mulleres e o masculino en 1.965 homes. As mulleres representan o 57,48% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.919 en decembro, o que supón unha diminución de 133 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en novembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 253 menores de 25 anos desempregados menos.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistrados diminúe en decembro en 117 persoas; chegando a un total de 3.931 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 61 persoas estranxeiras desempregadas máis.

- A información por sectores amosa un descenso de 1.090 persoas paradas. Se produce unha diminución de 6 persoas no agro, 53 persoas na industria, 870  persoas no sector servizos e 245 persoas no colectivo sen emprego anterior. Pola contra, prodúcese un aumento 84 no sector da construción.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 815 persoas en decembro, ata alcanzar unha media de 471.196 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 23.081, dos cales 6.207 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de decembro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 27%.