A Sección Social do Tribunal de instancia da Coruña obriga ao Concello de Corcubión a adaptar a xornada laboral dunha traballadora
Estima o Tribunal que se produciu a vulneración do dereito fundamental á non discriminación por razón de sexo, concorrendo inacción e falta de negociación
Fecha: 08 Xul 2026
A xurisprudencia constitucional, STS 153/2021 do 23 de setembro de 2021 (Recurso de amparo 1797/2020) blindou o dereito de adaptacións da xornada por conciliación da vida familiar e laboral, elevándoo por encima da estrita legalidade ordinaria. No entanto, o Concello de Corcubión negou devandito dereito de adaptación de xornada por conciliación e obrigou á afectada a acudir aos tribunais.
O Concello de Corcubión vese obrigado polo fallo do Tribunal a adaptar á quenda de mañá a xornada laboral dunha traballadora, condenando a súa inmediata implementación, os fundamentos de dereito establecen que a falta de resposta motivada e a omisión do deber de negociar determinaron a estimación da pretensión de adaptación de xornada, ao non acreditar o Concello ningunha razón obxectiva, organizativa ou produtiva que xustifique o sacrificio do dereito fundamental da actora.
A conduta do Concello ao ignorar a solicitude da traballadora, que acredita necesidades de coidado dun menor, constitúe un trato
pexorativo e, seguindo a doutrina da Sentenza 153/2021 do Tribunal Constitucional, a discriminación por razón de sexo prodúcese cando o exercicio de dereitos de conciliación xera un prexuízo efectivo. A omisión do deber de negociar e a imposición dun horario fragmentado incompatible co horario escolar da menor lesionan o artigo 14 da Constitución, polo que o tribunal ditamina que hai vulneración de dereitos fundamentais e discriminación.
Resulta difícil conciliar co principio de legalidade que unha Administración, chamada a ser a primeira garante dos dereitos fundamentais e da igualdade efectiva, adopte unha interpretación restritiva da conciliación e force a unha traballadora a xudicializar a súa
vida familiar. Cando isto sucede, a Administración deixa de actuar como promotora de dereitos para converterse nun obstáculo para o seu exercicio, e isto queda acreditado no Concello de Corcubión.