A reforma laboral mellora a cantidade e calidade do emprego
Os datos do paro na nosa provincia mostran un descenso de 3.640 persoas paradas con respecto a febreiro de 2022 e un descenso do rexistro de 335 persoas con respecto ao mes de xaneiro.
Fecha: 02 Mar 2023
Os datos de paro do mes de febreiro, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), amosan un lixeiro descenso de 335 persoas desempregadas con respecto ao mes de febreiro. En relación ao ano anterior, o paro rexistrado baixou en 3.640, situándose nun total de 57.961. Pola súa banda, a afiliación á Seguridade Social aumentou en 2.635 persoas, quedando por riba das catrocentas mil persoas (448.062).
Estes datos reflicten a estabilidade do mercado laboral despois de máis dun ano de implantación da reforma laboral, cuxo dinamismo segue en sintonía coa calidade do emprego creado, mentres que o contrato indefinido segue aumentando o seu peso mes tras mes. Así, en febreiro asináronse un total de 20.241 contratos, dos que o 40,15% son indefinidos. En conxunto, rexistráronse 6.950 contratos menos que no mesmo mes do ano anterior, unha cifra consistente coa menor utilización de contratos temporais de moi curta duración e a consecuente estabilización que supón a contratación indefinida. De feito, a temporalidade entre as persoas afiliadas segue descendendo.
Non obstante, UGT considera que esta dinámica positiva de contratación e emprego non pode ocultar aspectos do mercado laboral que seguen a mostrar un comportamento moi preocupante, como por exemplo os datos do paro de longa duración que continuaron sendo moi elevados en 2022.
Hai que mellorar substancialmente a nova Lei de Traballo
Estes datos poñen de manifesto a ineficacia das Políticas Activas de Emprego existentes en España, algo que a recentemente aprobada nova Lei de Emprego non solucionará, xa que non soluciona ningún dos problemas que tradicionalmente padecían os Servizos Públicos de Emprego, como a falta de orientadores que sexan capaces de facilitar ás persoas desempregadas un itinerario personalizado de inserción laboral segundo as súas necesidades.
Ademais, o sindicato manifesta a necesidade de mellorar a cobertura do sistema de prestacións por desemprego, xa que no mes de xaneiro só se beneficiaron dunha prestación 35.192 persoas, o que sitúa a taxa de cobertura no 65,9%.
Para UGT, a eficacia que está a demostrar a reforma laboral na creación de emprego de calidade non debe ser motivo para ignorar a outra cara do mercado laboral, condenando aos desempregados a un futuro carente de oportunidades laborais. É por iso que a UGT rexeita a nova Lei de Emprego, que nin sequera foi apoiada polo Diálogo Social, e reclama melloras inmediatas e profundas que dean verdadeiramente aos Servizos de Emprego o lugar prioritario que deberían ter na configuración das Políticas de Emprego.
Datos principais
- En febreiro rexistráronse un total de 57.961 persoas en situación de desemprego, 335 persoas menos que o mes pasado. En termos anuais, o paro baixou en 3.640 persoas (-6,2%).
- Neste mes hai 236 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a xaneiro, e 99 homes menos. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.949 mulleres (-5,7%) e o masculino en 1.691 homes (- 7%). Con estas cifras, as mulleres representan o 58,52% dos desempregados.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.322 en febreiro, o que supón un incremento de 99 persoas máis desempregadas que en xaneiro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos descendeu un 6,8% (159 mozos desempregados menos).
- Respecto dos traballadores estranxeiros en Galicia, o número de parados rexistrados sobe en febreiro en 188 persoas; chegando a un total de 11.092 estranxeiros desempregados. En termos anuais obsérvase un aumento do 3,3%, o que supón 375 traballadores estranxeiros desempregados máis.
- Respecto ao mes anterior, a información por sectores amosa un descenso de 335 persoas paradas, 246 persoas no sector servizos, 211 persoas na industria, 14 na construción e no agro 1 persoa. Pola súa banda, o paro aumentou no colectivo sen emprego anterior en 137 persoas.
- O número de afiliados á Seguridade Social aumentou en 2.635 persoas en febreiro, ata alcanzar unha media de 448.062 afiliados.
- O volume de contratos totais diminúe un 25,56 % anual, os temporais fano un 41,27% e os indefinidos, pola contra, aumentan un 23,83%. O peso dos traballadores fixos sobre o total dos contratos sitúase este mes no 40,15%, o que supón un total de 1.564 contratos máis que no mesmo mes de 2022.
- Por último, o número de beneficiarios das prestacións situouse en xaneiro en 35.192 persoas. Con este nivel de protección, a taxa de cobertura do mes foi do 65,9%.