A Reforma laboral está a corrixir a alta volatilidade do mercado laboral.

Fecha: 04 Nov 2022

Imaxe persoas esperando

Os datos de paro e de afiliación á Seguridade Social do mes de outubro, publicados onte polo Servizo Público de Emprego (SEPE), reflicten un descenso do número de persoas desempregadas, confirmando o mellor dato deste mes en toda a serie histórica. Ademais, dita redución prodúcese nun mes onde habitualmente aumenta o paro, polo que a Reforma Laboral está a corrixir a alta volatilidade que caracteriza ao noso mercado laboral.

De feito, continúa a mellora na calidade do emprego, xa que os contratos indefinidos na provincia da Coruña supuxeron un 35.86% do total de contratos asinados este mes. Así, a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores Coruña e Cee afirma que, a pesar do incerto e difícil contexto internacional, a reforma laboral segue xerando un impacto positivo no seu obxectivo de acabar coa precariedade laboral que predomina no noso país, aínda que queda moito camiño por facer, particularmente nas Administracións Públicas.

A pesar da positiva evolución xeral do emprego, UGT alerta de que a calidade de vida das familias traballadoras segue deteriorándose mes a mes, como resultado das elevadas taxas de inflación rexistradas e os escasos incrementos salariais asinados. En consecuencia, os salarios acumulan unha importante desvalorización do seu poder adquisitivo, provocando que as persoas traballadoras sexan novamente as principais vítimas dunha crise que non orixinaron.

Esta situación sería moi distinta se a patronal accedese a negociar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que, ademais de promover unha repartición máis equilibrada e xusta da crise inflacionista, outorgase maior confianza tanto ás empresas como á clase traballadora. Con todo, o sindicato considera que a actitude irresponsable da patronal conduciu a unha situación de bloqueo e incerteza máxima, o que levou a UGT a iniciar un proceso de mobilizacións, como a gran manifestación de onte en Madrid, co obxectivo de reclamar subidas salariais acordes ao encarecemento da vida.

Ademais, UGT Coruña e Cee reclama a mellora no trámite parlamentario dunha Lei de Emprego insuficiente, que foi aprobada ás costas do diálogo social. Esta lei debe garantir unhas Políticas Activas de Emprego máis eficaces, que se axusten e adapten á realidade específica de cada persoa e logren unha rápida reinserción laboral para todas elas, combatendo especialmente o drama das persoas paradas de longa duración.

Datos de interese:

Desemprego:

Na nosa provincia hai un total de 57.105 persoas en situación de desemprego, 327 menos que no mes anterior. No Estado esta cifra é de 2.914.892 persoas, 27.027 persoas menos que no mes anterior. Este descenso prodúcese nun mes onde o habitual é que o paro aumente. En términos interanuais, na nosa provincia, o número de persoas en situación de desemprego descendeu en 4.680 persoas.

O paro diminúe no mes nun 0,57% na Coruña dun xeito menos acusado que no Estado, que foi un 0,92%%. O paro rexistrado no Estado sitúase nun total de 2.914.892, a cifra máis baixa nun mes de outubro dende o ano 2008.

Do total de persoas en desemprego, 2.245 son menores de 25 anos.

Por sexos, as mulleres seguen a representar o 58.99% do total do desemprego rexistrado na nosa provincia, 33.687 mulleres, fronte a 23.418 homes.

Por sectores, no mes de outubro o desemprego diminúe en todos os sectores, de forma máis acusada no sector servizos. Medrando tan só entre o colectivo denominado “sen emprego anterior”.

Contratación:

O número total de contratos rexistrados no Estado durante o mes de outubro foi de 1.524.139, dos cales 697.335 son de carácter indefinido, un 45,8% del total. O que supón máis do cuádruple da media da serie histórica.

Nos dez primeiros meses do ano realizáronse 15.696.143 contratos, dos cales 5.947.772 son por tempo indefinido, 4.291.196 más que no mesmo periodo do ano anterior (un 259% máis).

Por contra, os contratos temporais aumentan a 826.804, un 51,2% menos que no mesmo mes de 2021, debido principalmente á práctica desaparición do contrato de obra ou servizo como consecuencia da aplicación da reforma laboral.  

En materia de contratación indefinida na nosa provincia a porcentaxe chega ó 35.86%. No mes de outubro realizáronse 30.791 contratos, dos cales 11.044 foron indenidos. En termos acumulados do 2022, firmáronse 308.788 contratos, 99.906 son indefinidos.

Dos contratos realizados na nosa provincia no mes de outubro : 24.963 son do sector servicios, 1.219 no sector da construción, 3.676 na industria e 933 no sector da agricultura.

► Información do Ministerio de Traballo e Economía Social