A reforma laboral en 2022: máis emprego e de mellor calidade

UGT Coruña e Cee alerta que, a pesar da boa evolución do emprego, no Estado, na nosa Comunidade e na nosa Comarca, non se pode baixar a garda. Reclama políticas máis eficaces contra o paro de longa duración e reafirma a súa estratexia de mobilización para esixir a patronal incrementos salariais xustos e cláusulas de revisión salarial nos convenios colectivos. Trátase de frear a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras. Así mesmo, esixe ao Goberno que aprobe xa o incremento do SMI, que debe chegar aos 1.100 euros ao mes para aliviar ás persoas traballadoras que menos gañan.

Os datos de paro na nosa Provincia no mes de decembro, ademais da lóxica mellora polas contratacións de Nadal, amosa unha mellora clara do mercado laboral, efecto directo das reformas laborais introducidas. Así, hai 3.776 persoas desempregadas menos que hai un ano na Coruña, en Galicia 10.362 e no Estado descende en 268.252 persoas e, sitúase en 2.837.653 persoas desempregadas rexistradas nos Servizos Públicos de Emprego, a cifra máis baixa dende 2007. Na Coruña o paro baixa en 14 persoas en decembro até os 57.115.

Este mes finaliza o primeiro ano no que comenzou a actuar a reforma laboral de 2021. O balance é moi favorable en aspectos como a contratación indefinida. Neste mes de decembro a proporción de contratos indefinidos na nosa Provincia foi dun 28,49%. No conxunto do ano 2022 a proporción de contratos indefinidos no Estado marca un récord histórico cun 38,4%. Firmáronse máis de siete millóns de contractos indefinidos, casi cinco millóns máis que os que se firmaron no 2021. Asimismo, descende a temporalidade entre as persoas traballadoras afiliadas á Seguridade Social, cuxa tasa foi do 15,5% en decembro, 12,4 puntos porcentuais menos que a que se rexistrou un ano antes (27,9%).

Non obstante, pese aos avances, todavía persisten problemas que hai que abordar, como o elevado número de parados de longa duración. UGT Coruña e Cee esixe unhas políticas activas de emprego efectivas para poder dar unha nova oportunidade as persoas que levan máis dun año na búsqueda de emprego.

Outro problema é a elevada inflación, que non foi acompañada dunha subida salarial que garanta a capacidade adquisitiva das persoas traballadoras. A inflación, segundo as cifras provisionais, será en 2022 dun 8,4%, unha cifra que dista moito do 2,69%, porcentaxe en que aumentaron os salarios no convenio ata novembro. Esto supón unha perda de poder de compra de 5,3 puntos porcentuais. Polo tanto, é fundamental aumentos salariais en convenio moi superiores e que se incrementen as firmas de cláusulas de garantía salarial. Para elo, sería óptimo alcanzar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC).

Por outra parte, 2023 ten que comenzar cunha subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) que permita ás persoas que menos renta teñen a manter o seu poder de compra (o que para UGT implica un incremento ata os 1.100 euros en catorce pagas). En calquiera caso, este ano debe alcanzar o 60% do salario medio, tal e como suscribiu España na Carta Social Europea.

En resumen, é imprescindible acometer subidas salariais para evitar que as persoas traballadoras paguen as consecuencias dunha coxuntura económica forzada pola situación internacional e para evitar que se produzca unha desaceleración da economía. 

Datos de interese:

Desemprego:

Na nosa provincia hai un total de 57.115 persoas en situación de desemprego, 14 menos que no mes anterior. No Estado esta cifra é de 2.837.653 persoas, 43.727 persoas menos que no mes anterior. En termos interanuais, na nosa provincia, o número de persoas en situación de desemprego descendeu en 3.776 persoas.

O paro diminúe no mes nun 0,02% na Coruña, mentres que no Estado descende un 1,54%. O paro rexistrado no Estado sitúase nun total de 2.837.653 persoas e, en Galicia 142.222 persoas.

Do total de persoas en desemprego na nosa provincia, 2.188 son menores de 25 anos, 141 persoas menos que no mes anterior.

Por sexos, as mulleres seguen a representar o 58,36% do total do desemprego rexistrado na nosa provincia, 33.333 mulleres, fronte a 23.782 homes.

Por sectores, no mes de decembro o desemprego diminúe no sector servizos e no colectivo denominado “sen emprego anterior”, medrando en industria, construción e agricultura.

Contratación:

O número total de contratos rexistrados no Estado durante o mes de decembro foi de 1.189.917, dos cales 464.152 son de carácter indefinido, un 39% do total. Por contra, os contratos temporais ascenden a 725.765.

En materia de contratación indefinida na nosa provincia a porcentaxe chega ó 28,49%. No mes de decembro realizáronse 23.331 contratos, dos cales 6.648 foron indenidos. En termos acumulados do 2022, firmáronse 359.945 contratos, 115.521 son indefinidos.

Dos contratos realizados na nosa provincia no mes de decembro : 19.229 son do sector servicios, 745 no sector da construción, 2.847 na industria e 510 no sector da agricultura.

► Información do Ministerio de Traballo e Economía Social