Queda moito camiño por percorrer para alcalzar unha igualdade efectiva

Dende o Gabinete de Igualdade de UGT Galicia, se procedeu a realización dun informe para evaluar a situación sociolaboral da muller na nosa comarca. Cos datos que neste informe se detallan amosan as desvantaxes das mulleres con respecto aos homes no mercado laboral.

Actividade

  • Na Comarca da Coruña houbo en 2022 un total de 98.632 traballadoras afiliadas á Seguridade Social, menor número que o de homes, 100.663. Hai unha mellora no ano trala forte crise de emprego pola pandemia do número de persoas afiliadas. As mulleres pasan de 96.163 en 2021 a 98.632 en 2022. Esta mellora beneficia tanto a homes como a mulleres. A participación da muller na comarca é do 49,5% do total, mellor que a do conxunto de Galicia, onde acada o 48,8%. En ambos contextos a muller ten menor presenza que os homes no mercado laboral.
  • Na Comarca de Cee, houbo en 2022 un total de 8.375 traballadoras afiliadas á Seguridade Social na comarca menor número que o de homes, 9.661. Hai unha mellora no ano trala forte crise de emprego pola pandemia do número de persoas afiliadas. As mulleres pasan de 8.206 en 2021 a 8.375 en 2022. A participación da muller na comarca é do 46,4% do total, inferior que a do conxunto de Galicia, onde acada o 48,8%. En ambos contextos a muller ten menor presenza que os homes no mercado laboral.

Desemprego

  • Na Comarca da Coruña houbo 28.819 persoas desempregadas, destas, 16.893, a maioría polo tanto, o 58,6%, son mulleres. Porcentaxe máis acusada que á rexistrada en Galicia (58,3%). Na propia comarca segundo sexa o concello analizado, o peso do desemprego feminino amosa fortes diferenzas, dende o 42,1% do concello de Aranga ate o 66,1% no concello de Laxe. No concello da Coruña, o de maior poboación da comarca, o peso é do 56,5%.
  • Na Comarca de Cee, de xeito máis acusado do que sucede no conxunto de Galicia, o desemprego concéntrase no colectivo feminino; de feito, das 2.673 persoas desempregadas, 1.636 son mulleres e 1.035 homes, é dicir, o 61,2% do total son mulleres, porcentaxe superior á Informe “8 de marzo” Día Internacional da Muller Secretaría de Igualdade UGT – Galicia 16 rexistrada en Galicia, onde é do 58,3%. Hai unha peor posición da muller. Na propia comarca segundo sexa o concello analizado, o peso do desemprego feminino amosa fortes diferenzas, indo dende o 50% do concello de Mazaricos ao 68,3% de Dumbría

Desemprego de longa duración (máis dun ano no desemprego)

  • Na Comarca de A Coruña hai 14.411 persoas desempregadas de longa duración, das cales 8.811 son mulleres. É dicir, o 61,1% do total de desemprego de longa duración o padecen as mulleres.
  • Na Comarca de Cee hai 1.257 persoas desempregadas de longa duración, das cales 808 son mulleres. É dicir, o 64,3% do total de desemprego de longa duración o padecen as mulleres.

En ambas Comarcas, non só hai máis mulleres desempregadas, senón que ademais teñen maior dificultade para saír desta situación.

Contratación

  • Na Comarca de A Coruña, rexistráronse no ano 2022 un total de 192.669 contratos, destes menos da metade, o 49,7% a mulleres. A maioría dos contratos realizados tanto homes como a mulleres foron temporais, pero hai unha mellora considerable na contratación indefinida grazas a reforma laboral do ano 2022. Así, as porcentaxes de contratación indefinida sobre o total de contratación melloran tanto nos homes como nas mulleres no conxunto de Galicia e na comarca. Concretamente, na comarca, a porcentaxe de contratación indefinida nas mulleres pasa do 10,4% en 2021 ao 30,6% en 2022.
  • Na comarca de Cee, no ano 2022 rexistráronse 10.756 contratos, destes o 50,4% a mulleres. A maioría dos contratos realizados tanto homes como a mulleres foron temporais, pero hai unha mellora considerable na contratación indefinida grazas a reforma laboral do ano 2022. Así, as porcentaxes de contratación indefinida sobre o total de contratación melloran tanto nos homes como nas mulleres no conxunto de Galicia e na comarca. Concretamente, na comarca, a porcentaxe de contratación indefinida nas mulleres pasa do 8,6% en 2021 ao 29,8% en 2022

Emprego a tempo parcial

  • Na Comarca de A Coruña, do total de contratos realizados a mulleres un 44,4% foron a tempo parcial, maior peso que no caso masculino, onde se realizaron un 26,4% a tempo parcial.
  • Na Comarca de Cee, do total de contratos realizados a mulleres un 32,8% foron a tempo parcial, maior peso que no caso masculino, onde se realizaron un 14,6% a tempo parcial.

Aínda que cun claro avance neste ano 2022, o mercado laboral feminino segue amosando grandes debilidades, maior número de desempregadas, maior número de contratos de menor duración, abuso da parcialidade non desexada, maior temporalidade. A igualdade no traballo aínda está lonxe.

Pensións

  • Na Comarca de A Coruña, no ano 2021 houbo 60.895 mulleres pensionistas da Seguridade Social, o que implica o 51,3 % do total. A contía media das pensións das mulleres ascende a 935,38 euros mensuais, fronte ao 1.244,41 euros dos homes: 309,03 euros ao mes de diferenza, o que supón que a brecha de xénero neste caso é do 24,8%. No total de Galicia a brecha nas pensións entre homes e mulleres tamén é do 24,8%.
  • Na Comarca de Cee, no ano 2021 houbo 8.487 mulleres pensionistas da Seguridade Social, o que implica o 48,3% do total. A contía media das pensións das mulleres ascende a 705,39 euros mensuais, fronte ao 923,68 euros dos homes: 218,28 euros ao mes de diferenza, o que supón que a brecha de xénero neste caso é do 23,6%. No total de Galicia a brecha nas pensións entre homes e mulleres é do 24,8%.

A discriminación dáse tamén nas pensións, e de xeito alarmante. Hai unha forte brecha de xénero nas pensións, clara consecuencia das desigualdades da vida laboral entre ambos sexos.

En definitiva, aínda que hai aspectos do mercado laboral que están a mellorar para as mulleres, grazas a algunhas das medidas lexislativas aprobadas co respaldo de UGT e CCOO, o camiño é longo e arduo e aínda queda moito por facer para que a metade de poboación goce da mesma situación no mercado laboral que o outro 50%.

 

É prioritario:

  • A subida do SMI a 1080 euros foi unha medida indispensable para reducir a brecha de xénero. É necesario continuar coas melloras brindadas pola reforma laboral para evitar que as persoas traballadoras paguen as consecuencias dunha conxuntura económica forzada pola situación internacional e para evitar que se produza unha desaceleración da economía.
  • Impulsar a negociación colectiva de medidas de igualdade nos convenios colectivos e nos plans de igualdade, adaptando dita negociación á normativa regulamentaria de plans de igualdade e de igualdade retributiva e dotar de recursos públicos necesarios para o cumprimento deste obxectivo.
  • Esixir o cumprimento dos plans de igualdade nos termos que obriga a lexislación.
  • Combater a violencia machista desde os centros de traballo, adoptando protocolos de acoso sexual e acoso por razón de sexo, e introducindo nestes protocolos as novidades introducidas pola Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de Garantía Integral da Liberdade Sexual.
  • Incrementar e mellorar as políticas activas de emprego, con perspectiva de xénero. Adoptar medidas de acción positiva nas políticas xerais dirixidas a eliminar a discriminación e a desigualdade no emprego.
  • Adoptar políticas con perspectiva de xénero en todos os ámbitos e especialmente en materia de coidados. Dignificar o sector de coidados, e adoptar políticas de corresponsabilidade efectiva.
  • A plena equiparación en dereitos das traballadoras do fogar.
  • Investir en educación en igualdade para lograr unha cultura libre de violencias machistas a través dunha educación transformadora e igualitaria desde idades temperás. Que se eduque na corresponsabilidade, a equidade, a autonomía e a liberdade. Que se garantan unhas condicións de traballo e emprego decentes para todo o profesorado e persoa traballadoras do ámbito educativo, sendo este sector uno dos máis feminizados.
  • Reivindicamos que se garanta o dereito ao aborto sen ningún tipo de coacción fronte á libre decisión das mulleres na sanidade pública de todo o territorio nacional sen excepción, acabar coa violencia obstétrica e garantir todos os dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres como unha prioridade nas políticas públicas do territorio nacional.
  • Reforzar e garantir os instrumentos e recursos de vixilancia, control e sanción da Autoridade Laboral para o cumprimento efectivo do principio de igualdade no ámbito laboral.
  • Implantar unha xornada laboral de 32 horas.
  • Proceder a depositar o instrumento de ratificación do Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo sobre traballo digno das traballadoras do fogar.
  • Dado que o 25 de maio de 2023 entrará en vigor o Convenio 190 da OIT sobre Eliminación da Violencia e o acoso no mundo do traballo, que se adopten as medidas necesarias para trasladar á nosa lexislación aqueles contidos que non estean contemplados na actualidade.

►Informe Unidas ganamos todas.

► Informe da situación sociolaboral da muller en Galicia.

Informe da situación sociolaboral da muller nos concellos que conforman a Unión UGT Coruña – Cee.

► Manifesto 8M