A prioridade é acabar co desemprego
Fecha: 04 Out 2022
É necesario dotar ós Servizos Públicos de Emprego de recursos e impulsar verdadeiras Políticas Activas de Emprego
Os datos de paro e de afiliación á Seguridade Social do mes de setembro publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE) registran un aumento do número de persoas en desemprego, reflectando a estacionalidade propia dun mes marcado polo fin da campaña de verán.
Así mesmo, este incremento é menor o rexistrado noutros anos, polo que todo apunta a unha moderación da alta estacionalidade e temporalidade característica do noso mercado laboral. Os datos coñecidos hoxe mostran unha crecente solidez na creación do emprego. O 46,7% dos contratos firmados, son de carácter indefinido, cumplindo así o obxectivo da reforma laboral de poñer fin á excesiva temporalidade predominante no noso mercado laboral.
A pesar da mellora das condicións laborais, a situación socioeconómica das persoas traballadoras continúa moi resentida como consecuencia dos efectos da guerra de Ucraína sobre a capacidade adquisitiva dos fogares. As altas tasas de inflación, o aumento dos tipos de interés, e as moderadísimas subidas salariais, combínanse para facer á clase traballadora a principal vítima da crise internacional.
A negativa da CEOE a firmar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que asegure subidas salariais xustas, como parte dun pacto de rentas que reparta de maneira equilibrada os custes da situación actual, manifesta a falta de miras e a poca responsabilidade da patronal para o bo devir da economía española.
É a hora de subir salarios
Nun momento difícil co crecemento da inflación e do custe da vida desbocados, é fundamental reabrir as negociacións ca patronal para cerrar os miles de convenios bloqueados e alcanzar un acordo xeral de salarios, por iso UGT e CCOO convocamos un calendario de movilizacións que comenzarán o próximo 6 de octubre ás 12:30 no Obelisco, continuarán duante o outono e terá un punto de inflexión na gran movilización do 3 de novembro en Madrid.
O Goberno debe actuar e incentivar a subida dos salarios e ingresos dos fogares, comenzando por elevar o SMI e, reforzar o escudo social, destinando máis medios a combatir o aumento da desigualdade. Os ingresos extraordinarios que se pretenden obter a partir da nova reforma fiscal deben ir orientados nos programas de gasto e inversión que sexan necesarios para blindar e ampliar o Estado de Bienestar.
Os bos datos en materia de emprego non deben facernos olvidar a situación na que se encontran un gran número persoas que levan anos en situación de desemprego. Segundo a última EPA, casi a metade das persoas desempregadas levan máis dun ano buscando emprego, mentras que un terzo o fan desde hai máis de dous anos. Por iso, UGT Coruña e Cee reivindica a importancia de dotar ós Servizos Públicos de Emprego de recursos necesarios para que poidan desenrolar a súa labor de maneira eficaz, e impulsar Políticas Activas de Emprego con programas e servizos que se adapten ás necesidades específicas de cada persoa, brindándolles así a posibilidade real de lograr unha rápida e adecuada inserción laboral.
Datos de interese:
- Desemprego:
Na nosa provincia hai un total de 57.432 persoas en situación de desemprego. No Estado esta cifra é de 2.941.919 persoas.
O paro aumenta no mes nun 1,56% na Coruña dun xeito más acusado que no Estado, que foi un 0.6%, a cifra máis baixa nun mes de setembro dende 2008. En relación a hai un ano, o paro baixa o 7,05%, unha contracción menos acusada que no resto do Estado, onde a baixada é do 9,70%.
Do total de persoas en desemprego, 2.089 son menores de 25 anos.
Por sexos, as mulleres seguen a representar o 59.22% do total do desemprego rexistrado na nosa provincia, 34.009 mulleres, fronte a 23.423 homes.
Por sectores, no mes de setembro o desemprego aumenta na industria, construción e servizos, baixando na agricultura.
- Contratación:
O número total de contratos rexistrados no Estado durante o mes de setembro foi de 1.660.792, dos cales 775.856 son de carácter indefinido.
Nos nove primeiros meses do ano realizáronse 14.172.004 contratos, 5.250.437 por tempo indefinido, cifra que supón un ascenso de 3.792.357 (260,09%) sobre o mesmo periodo do ano 2021.
Ó mesmo tempo, cae a contratación temporal. Tamén en términos acumulados, nos nove primeiros meses rexistráronse 8.921.567 contratos temporais, o que supón un descenso de 3.409.032 (-27,65%) sobre o mesmo periodo do ano 2021.
En materia de contratación indefinida na nosa provincia a porcentaxe chega ó 37,97%. No mes de setembro realizáronse 33.246 contratos, dos cales 12.624 foron indenidos. En termos acumulados do 2022, firmáronse 277.997 contratos, dos cales 88.862 son indefinidos.
Dos contratos realizados na nosa provincia no mes de setembro : 26.930 son do sector servicios, 1.578 no sector da construción, 3.919 na industria e 819 no sector da agricultura