Por un convenio con salarios xustos no comercio de alimentación
Fecha: 23 Abr 2022
As traballadoras e traballadores do Comercio de Alimentación foron considerados esenciais durante toda a pandemia e, dende os seus postos de traballo consiguen grandes beneficios para as cadeas de alimentación. Sen embargo, dende hai moitos anos son un dos sectores peor pagados e, con calendarios que dificultan a conciliación da vida familiar.
Mentres que a patronal e as grandes empresas consiguen beneficios millonarios, néganse a outorgarlles melloras nas súas condicións laborais. Por iso, no día de onte concentráronse diante de dous supermercados desas grandes cadeas de distribución como son Gadis e Froiz para denunciar a situación actual do sector.
As subas propostas pola patronal non cobren o aumento do coste da vida, néganse a aceptar melloras nos horarios que permitan ter algunha fin de semana libre ao ano e, pretenden limitar o uso dos asuntos propios (únicas licencias que serven para librar algún día o ano).