Por un convenio con dereitos no Contact Center
Fecha: 21 Mar 2022
Dentro do marco de protestas a nivel estatais, as traballadoras e traballadores do sector do contact center de toda Galicia concentráronse o 18 de marzo no Obelisco (A Coruña), para dar a coñecer e denunciar o bloqueo do convenio por parte da patronal, o que provoca que as persoas traballadoras teñan os seus salarios conxelados dende decembro do 2019.
No sector traballan más de 100.000 persoas, das que o 70% son mulleres. A alta temporalidade, a perda do poder adquisitivo e os riscos psicosociais debido a carga de traballo, precarizan ás condicións laborais.
A patronal mantense na postura de non prever subas dos salarios para os anos 2020 e 2021, e un aumento do 1.7% para o 2022, mentres o IPC non deixa de crecer.
Ademais das empresas de contact center, existen outros responsables desta situación pola súa complicidade, xa que tódalas empresas contratan os seus servizos, sobre todo, entidades bancarias, enerxéticas ou empresas de telefonía e telecomunicacións, que financian esta situación de precariedade nun sector castigado por pésimas condicións laborais.
É imprecindible establecer condicións dignas mediante a negociación colectiva. Esta é a única forma de crear un sector forte e respetable do que se beneficien todas as partes implicadas.