As persoas traballadoras que prestan o servizo de limpeza no HUAC verán melloradas as súas condicións salariales y de xornada
O Xulgado do Social da a razón a UGT
Fecha: 14 Feb 2025

O Xulgado do Social recoñece por sentencia xudicial as melloras retributivas e de traballo do persoal das Institucións Sanitarias do SERGAS aplicadas por este organismo, ao personal de limpeza que presta servizo no HUAC.
A cuestión a resolver concretaba en si as persoas traballadoras do servizo de limpeza do HUAC, tiñan ou non dereito a que as súas retribucións, en concreto no relativo ao módulo de noites, domingos e festivo, se incrementasen con arreglo ao establecido na Orde de 29 de xuño de 2023 para o persoal do SERGAS, así como a unha reducción de xornada na mesma proporción que a fixada na mesma, como sostiña o sindicato demandante UGT e os demáis sindicados ou, non debía ser así, como sostiña a Empresa.
O Secretario Xeral de FeSMC UGT Coruña manifesta que “hoxe fai un ano no que as persoas traballadoras do servizo de limpeza comezaban unhas mobilizacións na defensa dos seus dereitos, coas concentracións celebradas no HUAC os días 14, 15 e 16 de febreiro de 2024, despois das reunións coa Empresa e coa Xerencia nas cales se negou este dereito", “agora o Xulgado puso as cousas no seu sitio e nos da a razón”, “dende UGT vimos reivindicando un tratamento diferenciado para as persoas que prestan o seu servizo de limpieza tanto nos hospitais, como na limpeza industrial, polas súas especiais caracteristicas”, “este sentencia de equiparación ao resto de persoal do SERGAS, recoñece a labor que estas persoas traballadoras realizan dia a dia e que demostraron ser esenciais na pandemia”.