Persisten importantes desafíos no mercado laboral aos que é o momento de facer fronte
UGT pide políticas activas de emprego para resolver o problema do desemprego de longa duración
Fecha: 07 Mai 2026
Os datos de paro rexistrado e afiliación á seguridade social de abril, mostran un aumento da ocupación e unha redución do desemprego, como adoita ocorrer neste mes.
A afiliación á Seguridade Social medrou en 3.449 persoas, o que permitiu alcanzar as 483.855 persoas afiliadas á Seguridade Social na provincia da Coruña. Así mesmo, con respecto ao ano anterior, a afiliación aumentou en 8.004 persoas, o que confirma que a creación de emprego mantén unha traxectoria positiva a pesar dos factores económicos actuais.
Mentres tanto, o desemprego rexistrado baixou en 901 persoas con respecto ao mes de marzo, sitúandose en 44.250, é dicir 1.137 persoas menos que no ano anterior.
Durante este mes, formalizáronse un total de 26.121 contratos, dos cales 8.241 foron contratos indefinidos, o que representa o 31,55% do total. Con respecto ao ano anterior, realizáronse 3.897 contratos máis.
A pesar destes avances, persisten importantes desafíos no mercado laboral, especialmente no que respecta ás condicións de vida e ao benestar das persoas traballadoras.
Non podemos ignorar a persistencia dun núcleo de desemprego, en particular o desemprego de longa duración. Por iso, é imprescindible abordar esta realidade reforzando decididamente a eficacia das políticas activas de emprego, avanzar cara a itinerarios de integración personalizados, unha asignación suficiente e estable de recursos técnicos e humanos nos servizos públicos de emprego, unha carteira común de servizos en todo o país e sistemas de avaliación rigorosos centrados na consecución de resultados eficaces.
É fundamental abordar de forma integral os desequilibrios do mercado laboral. Isto implica reformar o sistema de despedimento —reforzando o requisito de causa xustificada, as garantías e o efecto disuasorio das indemnizacións por despedimento— e regular os contratos a tempo parcial, limitando o seu uso a casos xustificados, garantindo unha xornada laboral previsible e reforzando o dereito á xornada completa como norma. Trátase de medidas interconectadas destinadas a corrixir a precariedade laboral estrutural, fortalecer a estabilidade do emprego e mellorar a calidade do traballo.
En definitiva, a tendencia positiva do emprego confirma a capacidade da economía para seguir xerando oportunidades, pero tamén indica que agora é o momento de abordar con decisión estes desafíos. Só impulsando reformas como as propostas polos sindicatos, reforzando as políticas activas de emprego e mellorando os salarios será posible consolidar un mercado laboral máis equilibrado, produtivo e socialmente xusto.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En abril rexistráronse un total de 44.250 persoas en situación de desemprego, 901 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 1.137 persoas (-2,51%).
- Neste mes hai 395 homes e 506 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a marzo. En termos anuais, o paro feminino baixou en 822 mulleres e o masculino en 315 homes. As mulleres representan o 58,27% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.857 en marzo, o que supón unha diminución de 224 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en marzo. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 52 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminuiu en abril en 34 persoas; chegando a un total de 4.017 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 67 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa unha diminución de 901 persoas paradas. Se produce un aumento de 6 persoas no sector do agro, e unha diminución de 120 persoas no colectivo sen emprego anterior, 27 persoas na industria, no sector de servizos de 701 persoas e 59 no sector da construción.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.449 persoas en abril, ata alcanzar unha media de 483.855 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 26.121, dos cales 8.241 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de abril sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 31,55%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, unha diminución de 29 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.779 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 101 persoas (-5,37%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro maior son Dumbría (51 persoas) e Vimianzo (17 persoas). Rexistrándose un aumento de paro nos Concellos de Mazaricos (19 persoas), Cee (12 persoas) e Muros (6 persoas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan unha diminución de 301 persoas (son 22.597 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 300 persoas (-1,31%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Arteixo (75 persoas) e A Coruña (74 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos de Sada (15 persoas), Abegondo (13 persoas) e Carral (13 persoas).