Os resultados positivos no mercado laboral non poden ser un punto final, sino que é imprescindible completar as reformas pendentes

É imprescindible reforzar a protección das persoas traballadoras.

Fecha: 04 Ago 2026

Imaxe dunha rúa nun atardecer.

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social correspondentes ao mes de xullo, publicados hoxe, reflicten a fortaleza do noso mercado laboral e amosan que, pese o aumento nas cifras de desemprego na provincia aumenta, a situación é mellor en comparación co ano anterior.

Na afiliación á Seguridade Social rexistrouse un aumento de 4.161 persoas, chegando ata as 495.212 persoas afiliadas. En comparanza con hai un ano, o número de persoas afiliadas aumenta en 11.114 persoas, cunha taxa de variación interanual do 2,3% na provincia da Coruña.

Pola súa banda, o paro rexistrado aumenta en 585 persoas, ata situarse en 42.680. Este incremento non reflicte destrución de emprego algunha. Obedece, dun lado, a un efecto puramente administrativo derivado da propia regularización de persoas estranxeiras e ao comportamento estacional habitual deste mes en actividades como a educación, que perde afiliacións polo fin do curso escolar, ou o Sistema Especial de Traballadores Agrarios. Este mesmo efecto administrativo produciuse na regularización de 2005 e diluíuse por completo nos meses posteriores.

A calidade do emprego tampouco se resentiu: o 26,67% dos contratos asinados en xullo foron indefinidos, hai que subliñar que, neste indicador, a Coruña segue a estar por debaixo do indicador que se rexistra a nivel do Estado, onde a porcentaxe sube ao 38,9. 

Non obstante, os resultados positivos no mercado laboral non poden ser un punto final, senón o impulso necesario para completar as reformas pendentes e avanzar cara a un modelo produtivo baseado no emprego de calidade, mellores salarios, maior produtividade e unha redución da xornada laboral.

A consolidación dun mercado de traballo de maior calidade esixe tamén avanzar naquelas reformas dirixidas a reforzar a protección das persoas traballadoras. Neste sentido, resulta prioritario abordar a regulación do despedimento para garantir unha protección efectiva fronte ao despedimento improcedente, adecuando a normativa española aos estándares da Carta Social Europea, que esixen unha reparación adecuada para as persoas afectadas.

Xunto co fortalecemento dos dereitos laborais, é prioritario un aumento salarial que permita ás persoas traballadoras recuperar o poder adquisitivo. É urxente iniciar as negociacións do Sexto Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC), que debe garantir aumentos salariais que consoliden a recuperación do poder adquisitivo e reduzan as brechas salariais entre sectores. O novo acordo debe garantir que os aumentos salariais cheguen de forma efectiva, limitando o uso de cláusulas de absorción e compensación e ampliando as cláusulas de garantía salarial.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En xullo rexistráronse un total de 42.680 persoas en situación de desemprego, 585 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 60 persoas (-0,14%).

- Neste mes hai 20 homes e 565 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xullo. En termos anuais, o paro feminino baixou en 306 mulleres e o masculino aumentou en 246 homes. As mulleres representan o 59,16% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas son 1.686 en xullo, o que supón un aumento de 29 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en xuño. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 199 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumentou en xullo en 258 persoas; chegando a un total de 4.359 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 953 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa un aumento de 585 persoas paradas. Se produce un aumento de 201 persoas no colectivo sen emprego anterior, 36 persoas na industria e 421 persoas no sector de servizos e unha diminución de 53 persoas no sector do agro e 20 no sector da construción.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 4.161 persoas en xullo, ata alcanzar unha media de 495.212 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 35.805, dos cales 9.549 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de xullo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 26,67%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, unha diminución de 59 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.551 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 59 persoas (-3,66%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro maior son Muros (26 persoas) e Carnota (16 persoas). Rexistrándose un aumento de paro maior nos Concellos de Mazaricos (6 persoas) e Vimianzo (3 persoas).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 495 persoas (son  22.143 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro aumentou en 83 persoas (0,38%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Cabana de Bergantiños (7 persoas), Ponteceso (7 persoas)  e Vilarmaior ( 7 persoas).  Rexistrándose un aumento de paro maior nos Concellos da Coruña (343 persoas), Carballo (39 persoas) e Oleiros (39 persoas).