Os datos do paro demostran a importancia do acordo laboral
Fecha: 04 Xul 2022
Os datos de paro do mes de xuño publicados hoxe polos Servizos Públicos de Emprego (SEPE) e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, mostran novamente unha evolución positiva do emprego, encadenando 14 meses de crecemento ininterrumpido.
Para UGT Coruña e Cee os resultados obtidos durante o primeiro semestre do ano confirman que a nova Reforma Laboral é eficaz xa que mellora a calidade do emprego, otorga maior estabilidade e certidume á clase traballadora.
UGT esixe Políticas Activas de Emprego máis eficaces
Segundo os datos do primeiro trimestre da EPA, persiste un elevado número de persoas desempregadas de longa duración, contabilízanse ata 1.504.200 parados que levan máis de 1 ano buscando emprego, e 613.498 que levan máis de 4 anos. Para o sindicado trátase dunha cifra alarmante, xa que en conformidade ca última Enquisa de Condicións de Vida (2021) ata o 58,6% das persoas desempregadas está en risco de pobreza ou exclusión social.
Neste senso, UGT Coruña e Cee esixe a necesidade de impulsar Políticas Activas de Emprego máis eficaces, que se adapten á realidade específica de cada persoa e logren unha rápida reinserción laboral para todas elas. É fundamental que a nova Lei de Emprego establezca un proceso de avaliación de estas políticas, así como un incremento da financiación, ata niveis adecuados e suficientes, xunto a criterios vinculantes para a súa aplicación nos distintos territorios do país.
Conter os prezos para non diminuír os beneficios da reforma laboral
A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores denuncia que a crise internacional de subministracións (de materias primas e alimentos) e a persistencia da alza de prezos comprometen a senda de crecemento da economía e o emprego. Precisamente, a elevada inflación, que alcanzaría os dobres díxitos (10,2%) en xuño, segundo o avance do INE, está a provocar que as persoas traballadoras, a pesar de poder acceder a unha contratación máis estable, estean a perder poder adquisitivo mes a mes. Neste sentido, cabe destacar que os salarios en convenio rexistran un crecemento no que levamos do ano de apenas un 2,4%, moi lonxe da taxa de inflación media (8,5%).
Por iso, UGT reclama políticas máis contundentes e ambiciosas para conter o incremento descontrolado dos prezos e limitar os desorbitados beneficios das grandes empresas, especialmente das enerxéticas, que a pesar do difícil contexto actual seguen cultivando cuantiosos beneficios. Igualmente, desde o sindicato cremos que tanto o Goberno como a patronal non poden seguir mantendo unha actitude pasiva ante o intenso proceso de desvalorización salarial, polo que resulta esencial que senten a dialogar urxentemente mecanismos efectivos que protexan as rendas salariais, evitando así a apertura de novas brechas sociais e un maior afundimento do consumo e a demanda interna.
Datos de interese
- Desemprego:
Na nosa provincia hai un total de 56.307 persoas en situación de desemprego. No Estado esta cifra é de 2.880.582 persoas.
O paro baixa no mes nun 2,67% en A Coruña dun xeito máis acusado que no Estado, que foi nun 1,45%. En relación a hai un ano, o paro baixa o 11,23%, unha contracción menos acusada que no resto do Estado, onde a baixada é do 20,30%.
Do total de persoas en desemprego, 2.145 son menores de 25 anos.
Por sexos, as mulleres seguen a representar o 58,57% do total do desemprego rexistrado na nosa provincia, 32.983 mulleres, fronte a 23.324 homes.
Por sectores, no mes o desemprego cae en todos.
- Contratación:
O número total de contratos rexistrados durante o mes de xuño foi de 1.768.988, o que supón unha baixada 29.059 (-1,62%) sobre o mesmo mes do año 2021.
A contratación acumulada no primeiro semestre de 2022 alcalza a cifra de 9.571.906, o que supón 952.886 contratos máis (11,06%) que no mesmo periodo do ano anterior. No mes de xuño rexistráronse 783.595 contratos de traballo de carácter indefinido, que representan o 44,30% de tódolos contratos.
En materia de contratación indefinida na nosa provincia os datos son moi bos, cunha porcentaxe que chega ó 37,43%. No mes de xuño realizáronse 33.704 contratos, dos cales 12.617 foron indenidos. En termos acumulados do 2022, firmáronse 179.466 contratos, dos cales 55.496 son indefinidos.
Dos contratos realizados na nosa provincia no mes de xuño: 27.458 son do sector servicios, 1.717 no sector da construción, 3.706 na industria e 823 no sector da agricultura
► Información do Ministerio de Traballo e Economía Social