Os datos do paro amosan resultados positivos
Hai que seguir recuperando os salarios, implantar canto antes a redución de xornada e reforzar as políticas activas de emprego.
Fecha: 10 Mar 2025

Os datos de afiliación á Seguridade Social e de paro rexistrado de febreiro publicados hoxe amosan, como é habitual neste mes, resultados positivos en materia de creación de emprego, cun aumento do número de altas na Seguridade Social e un descenso do paro.
Nesta ocasión, o incremento mensual de persoas afiliadas á Seguridade Social ascende a 2.476 persoas, co que o total de ocupados afiliados á Seguridade Social ascende a 468.405. Con respecto a febreiro de 2024, hai 9.834 persoas rexistradas máis, un 2,14% máis, mantendo así o ritmo de creación de emprego.
O paro rexistrado baixou en 44 persoas con respecto ao mes anterior, ata alcanzar un total de 47.902. En comparación co mesmo mes do ano pasado, o paro baixou en 4.251 persoas.
Mentres, a calidade e estabilidade do emprego segue mellorando grazas aos cambios introducidos pola reforma laboral de 2021. A taxa de temporalidade en febreiro foi do 64%, 22,60 puntos porcentuais inferior á taxa rexistrada en febreiro de 2021, antes da reforma.
Neste segundo mes asináronse un total de 19.991 contratos, un 6,6% menos que en febreiro de 2024. Deles, 7.226 son fixos, o que significa que o 36,17% dos contratos son fixos, mentres que antes da reforma esta cifra roldaba o 13,5% dos contratos.
Así, os datos presentados poñen de manifesto a fortaleza do noso mercado laboral, mesmo nun contexto de incerteza internacional como o actual, que podería minar o crecemento potencial das economías europeas. E non só se crea máis emprego, senón que é de maior calidade, xa que se basea no contrato indefinido, creando unhas relacións laborais cada vez máis sólidas e estables.
Continuar no camiño da recuperación salarial
Non obstante, aínda quedan importantes vías de mellora para facer máis eficiente o noso mercado laboral, sendo a recuperación salarial unha das principais. O incremento do salario mínimo interprofesional ata os 1.184 euros mensuais en 2025 (en 14 cotas) foi sen dúbida unha noticia moi positiva, aínda que debe complementarse coa súa exención total do IRPF ata que todos os perceptores alcancen unha contía equivalente, polo menos, ao 60% do salario medio.
Esta subida salarial é necesaria e coherente coa prosperidade económica e empresarial xeral do noso país. Por cuarto ano consecutivo, as marxes de beneficio alcanzan máximos históricos. Polo tanto, as empresas non só teñen capacidade para seguir subindo salarios, senón que tamén teñen capacidade para reducir a xornada sen incorrer nunha rebaixa salarial.
Redución de xornada, desconexión e rexistro horario
Así mesmo, UGT seguirá loitando para implantar, canto antes, as 37,5 horas semanais, un obxectivo fundamental para o sindicato cuxo bloqueo non se pode xustificar de ningún xeito político ou económico. Esta transformación debe ir acompañada doutras medidas que melloren tamén a calidade do emprego, como o reforzo do dereito á desconexión ou a mellora do rexistro horario.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En febreiro rexistráronse un total de 47.902 persoas en situación de desemprego, 44 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.251 persoas (-8,15%).
- Neste mes hai 154 homes menos e 110 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xaneiro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.516 mulleres e o masculino en 1.735 homes. As mulleres representan o 58,14% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.021 en febreiro, o que supón un aumento de 44 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en xaneiro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 84 menores de 25 anos desempregados menos.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistrados aumenta en febreiro en 109 persoas; chegando a un total de 4.312 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 129 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa unha diminución de 44 persoas paradas. Se produce unha diminución de 45 persoas na industria, 28 persoas no agro, 34 persoas no sector servizos e 69 no sector da construción; e pola contra, un aumento de 132 persoas no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 2.476 persoas en febreiro, ata alcanzar unha media de 468.405 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 19.991, dos cales 7.226 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de febreiro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 36,14%.