Os datos confirman é necesaria unha mellora importante en saúde laboral
Unhas boas condicións laborais e de emprego son cruciais para garantir a saúde das persoas traballadoras
Fecha: 23 Feb 2026
Malia o descenso das estatísticas provisionais de accidentes laborais publicadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social, debemos lamentar a morte, na provincia da Coruña, de 24 persoas traballadoras durante o ano 2025. E podería ser aínda peor, xa que se prevé que esta cifra aumente cando se publiquen os datos definitivos.
O número de mortes cada ano é insoportable. Nos últimos cinco anos, o número de persoas mortas chegou a case 116. Polo tanto, está claro que a normativa necesita unha actualización, pero tamén se deben dotar de maiores recursos á Inspección de Traballo para reforzar a súa supervisión do cumprimento das normas por parte das empresas.
Ademáis, rexistráronse un total de 13.136 accidentes con baixa, dos cales 11.828 aconteceron en xornada laboral e, 1.308 in itinere (traxecto casa-traballo).
Accidentes en xornada (xaneiro - decembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais |
2025 | 11.828 | 11.677 | 133 | 18 |
2024 | 11.773 | 11.581 | 172 | 20 |
Diferencia | 55 | 96 | -39 | -2 |
Accidentes in itínere (xaneiro - decembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais |
2025 | 1.308 | 1.277 | 25 | 6 |
2024 | 1.365 | 1.339 | 24 | 2 |
Diferencia | -57 | -62 | 1 | 4 |
Accidentes totais (xaneiro - decembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais |
2025 | 13136 | 12954 | 158 | 24 |
2024 | 13138 | 12920 | 196 | 22 |
Diferencia | -2 | 34 | -38 | 2 |
Causas principais e prevención
As principais causas dos accidentes laborais con baixa por enfermidade foron as colisións con obxectos e o sobreesforzo físico do sistema musculoesquelético. Este tipo de accidentes, que se repiten co tempo, poderíanse previr se as empresas cumprisen as normas de seguridade.
Infrarrecoñecemento da saúde mental e xénero
Dende UGT seguimos denunciando o grave infrarrecoñecemento das doenzas mentais relacionadas co traballo, cifras que non se ven reflexadas nos accidentes laborais rexistrados.
• Riscos Psicosociais: as mulleres, ao ocupar maioritariamente postos de servizos (contacto coa clientela, alumnado ou paciente), sofren de forma desproporcionada as consecuencias da exposición a riscos psicosociais.
• Infra-recoñecemento: moitas patoloxías mentais de orixe laboral non se rexistran como tales e derívanse ao Sistema Público de Saúde en lugar da as Mutuas, ocultando a magnitude real do problema.
• Dixitalización: o aumento da multitarea, a rapidez e a difuminación da fronteira entre vida privada e traballo, están a afectar significativamente a saúde mental da clase traballadora, pero isto non se reflicte no número de discapacidades temporais relacionadas co traballo.
Propostas para mellorar a seguridade laboral
Para reverter esta situación, desde UGT propoñemos varias liñas de actuación:
• Recursos Públicos: Dotar de máis medios á Inspección de Traballo para controlar ás empresas.
• Condicións de Emprego: Salarios dignos e evitar xornadas excesivas (horas extra) como medida de saúde.
• Novos Dereitos: Respectar o dereito á desconexión dixital e facilitar medidas de conciliación.
• Actualización Normativa: Apoio político para a modificación da Lei de Prevención de Riscos Laborais, pactada co Ministerio de Traballo, para adaptala ás necesidades actuais.