O sindicato valora positivamente as novas cifras de desemprego. Pero débense abordar os problemas estruturais que afectan á poboación.

UGT esixe maior protección contra o despedimento e medidas para abordar o desemprego de longa duración

Fecha: 02 Xuñ 2026

Man, walkie talkie e un garda de seguridade.jpg

As cifras de desemprego e afiliación á Seguridade Social de maio, publicadas hoxe, mostran unha tendencia positiva no mercado laboral.

A afiliación á Seguridade Social na provincia da Coruña medrou en 3.387 persoas, o que situou a media de persoas afiliadas en 487.242. En comparación cun ano atrás, o número de persoas afiliadas aumentou en 8.853, situando a taxa de crecemento do emprego no 1,85%, mostrando unha gran fortaleza a pesar da difícil situación internacional, reflectindo a resistencia da demanda de traballo e a capacidade da economía para seguir xerando emprego.

Mentres tanto, o desemprego rexistrado baixou en 854 persoas en maio. En xeral, o número de persoas desempregadas sitúase en 43.396. Comparado cos dato do ano anterior, o paro reduciuse en 636.

Durante este mes, formalizáronse un total de 25.906 contratos, dos cales 7.995 foron contratos indefinidos, o que representa o 30,8 % do total.

Así, a evolución positiva da economía española segue a impulsar a creación de emprego, que segue a ser unha prioridade, xa que a taxa de desemprego, segue a ser a máis alta da UE. Ademais, o mercado laboral gañou estabilidade e calidade tras a reforma laboral, cun aumento de máis de 4,9 millóns de persoas con contratos indefinidos desde marzo de 2021, o que reflicte un cambio estrutural no modelo de emprego.

Non obstante, a pesar destes avances, persisten importantes desafíos no mercado laboral, especialmente no que respecta ás condicións de vida e ao benestar das persoas traballadoras. É necesario reducir o desemprego de longa e moi longa duración que afecta ás persoas maiores de 52 anos e as dificultades de acceso e mantemento do emprego que seguen a limitar as oportunidades laborais para a xente nova.

Abordar esta realidade require un reforzo decidido das políticas activas de emprego, promover itinerarios personalizados cara ao emprego, garantir recursos humanos e técnicos suficientes nos servizos públicos de emprego, consolidar unha carteira común de servizos en todo o país e avanzar en sistemas de avaliación que permitan unha medición rigorosa da súa eficacia. Ademais, estas políticas deben estar orientadas a preparar as persoas traballadoras para os profundos cambios que xa están a transformar a economía e o emprego. 

Así mesmo, é necesario acometer unha reforma dos despedimentos, reforzar o carácter compensatorio e disuasorio das indemnizacións por despedimento improcedente e avanzar cara a un sistema que garanta unha protección eficaz contra a extinción inxustificada dos contratos de traballo, ao tempo que outorgue aos traballadores un maior papel na determinación das consecuencias xurídicas do despedimento ilegal.

É fundamental reforzar as proteccións dos traballadores a tempo parcial, combater o traballo a tempo parcial involuntario e evitar que este tipo de contrato siga a ser utilizado como mecanismo de segmentación e precarización do emprego.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En maio rexistráronse un total de 43.396 persoas en situación de desemprego, 854 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 636 persoas (-1,44%).

- Neste mes hai 378 homes e 476 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a abril. En termos anuais, o paro feminino baixou en 733 mulleres e o masculino aumentou en 97 homes. As mulleres representan o 58,33% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.799 en maio, o que supón unha diminución de 58 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en abril. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 52 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminuiu en abril en 34 persoas; chegando a un total de 4.017 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 139 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa unha diminución de 854 persoas paradas. Se produce un aumento de 148 persoas no colectivo sen emprego anterior, e unha diminución de 26 persoas no sector do agro, 72 persoas na industria, 845 persoas no sector de servizos e 59 no sector da construción.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.387 persoas en maio, ata alcanzar unha media de 487.242 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 25.906, dos cales 7.995 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de maio sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 30,8%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, unha diminución de 74 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.705 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 86 persoas (-4,80%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro maior son Vimianzo (28 persoas) e Fisterra (24 persoas). Rexistrándose un aumento de paro nos Concellos de Mazaricos (27 persoas) e Camariñas (2 persoas).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan unha diminución de 425 persoas (son 22.172 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 221 persoas (-0,99%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Arteixo (63 persoas) e Oleiros (56 persoas). Sin embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos de Paderne (14 persoas), Aranga (13 persoas), Irixoa (13 persoas) e Carral (13 persoas).