O Sector do comercio de alimentación da Coruña parou maioritariamente e saíu ás rúas en demanda dun convenio digno

Fecha: 03 Xuñ 2026

Manifestación do persoal de comercio de alimentación polas rúas da cidade. O lema da pancarta é: "Comercio de alimentación en loita por un convenio digno"

As traballadoras e traballadores do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña secundaron maioritariamente a xornada de folga convocada o pasado venres para denunciar as condicións laborais que teñen na actualidade e o inmobilismo da patronal á hora de negociar un convenio digno, a pesar de acumular ano tras ano beneficios millonarios, segue a limitar a mellora dos salarios dos seus empregados e empregadas. 

Ademais, esta xornada de folga foi acompañada de numerosas mobilizacións en varias localidades da provincia da Coruña.

As traballadoras e traballadores do sector poñen enriba da mesa a necesidade de racionalizar dunha vez por todas no sector as cargas de traballo e, polo tanto, mellorar os calendarios laborais e garantir descansos e xornadas laborais que favorezan a conciliación da vida laboral e persoal, así como, que preserven a saúde das persoas traballadoras do sector.

Ante o inmobilismo da patronal, están convocadas novas asembleas informar da situación actual da negociación e,decidir o camiño a seguir nas vindeiras datas para seguir reclamándolle á Patronal un convenio digno.