O progreso na creación de emprego demostra que a economía segue a medrar
Os datos de afiliación á Seguridade Social e de paro rexistrado de marzo, mostran un aumento da ocupación e unha redución do desemprego.
Fecha: 13 Abr 2026
A afiliación á Seguridade Social na provincia da Coruña medrou este mes en 3.504 persoas respecto a febreiro, ata alcanzar os 480.406 persoas afiliadas. En comparación cun ano atrás, hai 8.343 persoas máis ocupadas, o que sitúa a taxa de creación de emprego no 1,77 %, reflectindo unha notable fortaleza da demanda laboral e da capacidade da nosa economía para xerar emprego.
Mentres tanto, o desemprego rexistrado na provincia baixou en 552 persoas, un total de 45.151 persoas están rexistradas como desempregadas, un 4,05 % inferior á de hai un ano.
Non obstante, a pesar destes avances, persisten importantes desafíos no mercado laboral, especialmente no que respecta ás condicións de vida e ao benestar das persoas traballadoras.
En primeiro lugar, hai unha marxe de mellora considerable na redución do desemprego, especialmente o desemprego de longa duración. É necesario desenvolver políticas activas de emprego máis eficaces, con orientación personalizada, unha maior asignación de recursos técnicos e humanos aos servizos públicos de emprego, unha carteira de servizos estandarizada entre as comunidades autónomas e sistemas de avaliación que permitan medir os resultados.
En segundo lugar, é crucial aplicar agora a redución da xornada laboral sen perda salarial, unha reforma necesaria para adaptarse aos cambios estruturais no mercado laboral, que conta cun amplo apoio social e que constitúe unha vía para mellorar a calidade do emprego, a produtividade e as condicións de vida das persoas traballadoras.
Finalmente, é fundamental avanzar cara a salarios máis xustos que estean en consonancia coas tendencias económicas e os beneficios das empresas. E é fundamental incluír cláusulas de revisión salarial en todos os convenios colectivos para protexer os aumentos acordados de aumentos de prezos imprevistos debido a situación social actual.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En marzo rexistráronse un total de 45.151 persoas en situación de desemprego, 552 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 1.907 persoas (-4,05%).
- Neste mes hai 303 homes e 249 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a febreiro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.141 mulleres e o masculino en 766 homes. As mulleres representan o 58,23% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 2.081 en marzo, o que supón unha diminución de 12 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en febreiro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 73 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminuiu en marzo en 99 persoas; chegando a un total de 4.051 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 200 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa unha diminución de 552 persoas paradas. Se produce un aumento de 55 persoas no colectivo sen emprego anterior, e unha diminución no sector do agro de 5 persoas, 27 persoas na industria, no sector de servizos de 453 persoas e 122 no sector da construción.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.504 persoas en marzo, ata alcanzar unha media de 480.406 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 26.254, dos cales 8.736 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de marzo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 33,27%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, unha diminución de 113 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.808 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 161 persoas (-8,18%). Os Concello nos que se rexistra un descenso de paro maior son Cee (39 persoas) e Fisterra (27 persoas). Rexistrándose so un aumento de paro nos Concellos de Dumbría ( 4 persoas) e Muros (2 persoas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan unha diminución de 107 persoas (son 22.898 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 785 persoas (-3,31%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Arteixo (42 persoas) e Carballo (31 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Oleiros (14 persoas) e Laxe (10 persoas).