O persoal que conduce os autobuses metropolitanos solicitan baños públicos nas cabeceiras de liñas

Fecha: 29 Mai 2025

Estación de autobuses da Coruña

Densde o Comité de Empresa de COMPOSTELANA S.A (Grupo ALSA), queren denunciar o abandono que está a sufrir o persoal por parte dos Concellos da Coruña e os da súa Área Metropolitana. O deterioro dos baños situados na estación de autobuses da Coruña sofren constantes avarías, portas rotas, cortes de auga etc..

Cabe destacar que este persoal, que presta servizo á área metropolitana, tan so dispoñe dos baños da estación de autobuses e non se lles está prestando o mantemento adecuado. Por iso, solicitan que os aseos que están situados na plataforma sexan reparados e teñan uso exclusivo para as persoas traballadoras. Xa que disponen dun tempo limitado (minutos) porque están a realizar a ruta e non poden esperar a que estén libres.

Así mesmo, solicitaron formalmente a cada Concello a instalación de baños públicos nas cabeceiras das liñas, unha necesidade básica que se volve aínda máis urxente co creciente número de mulleres condutoras no sector.

Ata a data, non recibiron resposta algunha por parte das administracións.

Municipios como Sada dispoñen dunhas instalacións que perfectamente poderían ser utilizadas polos compañeiros e compañeiras, pero as condicións de insalubridade nas que se atopan demostran unha falta total de interese polo consistorio.