O persoal do servizo de Handling do Aeroporto da Coruña denuncian as súas condicións laborais cunha xornada de folga
Fecha: 27 Out 2025
Este luns os traballadores e traballadoras do servizo de handling do aeroporto de Alvedro, na Coruña, mobilizáronse cunha xornada de folga de 24 horas e unha concentración para denunciar as súas condicións laborais.
Así, denuncian xornadas interminables, un cadro de persoal deficiente, falta de dereitos en materia de conciliación, precariedade e abuso de contratos parciais, sen reforzos para PMR e
sen atención aos riscos psicosociais
Os traballadores e traballadoras din basta xa a esta situación e este xeito de exercer as súas funcións que se está a facer insostible.