O persoal de Limpezas Córdoba segue sen cobrar o seu salario
Fecha: 23 Nov 2023
Continuando coas mobilizacións que se iniciaron xa hai tres meses, as traballadoras e traballadores do servizo de limpeza de Correos, da empresa J. Córdoba, manifestáronse este xoves polas rúas da cidade da Coruña.
Nóminas sen cobrar
Hai que lembrar que as traballadoras e traballadores deste servizo, uns 250 en toda Galicia, levan acumuladas xa cinco nóminas sen cobrar e están en folga indefinida.
Demandan unha solución inmediata á súa situación que xa se está a facer insostible e está a provocar circunstancias persoais especialmente complexas.
A resposta de Correos segue sen resultar satisfactoria para UGT. Se ben é certo que resolveron a incertidume a varios servizos, pero a problemática persiste en varias comunidades autónomas, entre elas Galicia. Situación que obriga a adoptar decisións inmediatas.