O persoal de HM en loita por unhas condicións sociais, laborais e económicas mellores
Fecha: 22 Xuñ 2023
O martes 20 de xuño comenzaron as protestas do persoal de HM en todo o territorio nacional cuns paros parciais e concentracións diante das diferentes tendas de HM. Estas actuacións continuaron no día de hoxe, xa que tivo lugar a primeira xornada de folga.
A participación masiva do persoal de H&M abala que non está dacordo cas propostas realizadas dende HM e apoia as reclamacións que dende hai meses se están a levar a cabo dende UGT.
Estas mobilizacións son consecuencia da imposibilidade de alcanzar un acordo con HM tras varios meses dialogando e expoñendo de forma clara todos os problemas que xurden no día a día. Problemas que están a complicar o traballo na compañía, xa que por exemplo, non se están a cubrir as baixas, excedencias... creando unha sobrecarga de traballo no persoal que está en activo, traballo que aumentará notablemente co período de rebaixas.
A situación tratouse de solventar nun Sima, pero tras casi 12 horas de negociación, a empresa seguía sin concretar as súas propostas respecto a cuestións tan importantes como a implantación de incentivos, a modificación do complemento de incapacidade temporal,..
De non alcalzarse ningún acordo que garanta as condicións laborais das persoas traballadoras de HM, está convocada unha nova xornada de folga o día 26 de xuño.