O metal da provincia da Coruña enfróntase novas xornadas de folga os días 10 e 11 de xuño

UGT-FICA manifesta o seu malestar pola actitude dunha patronal que volve á dilación da negociación do convenio e falta de vontade para negociar seriamente

Fecha: 10 Xuñ 2026

Manifestación do metal nas rúas da Coruña

O día de onte, foi a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio que mellore as condicións sociais e laborais das persoas traballadoras do metal. As demandas dos traballadores e traballadoras pasan por un incremento salarial digno, reducir a xornada, regular os pluses, combater a precarización a través das ETT e dos contratos fixos descontinuos, mellorar os complementos das baixas médicas ou limitar a subcontratación en cadea, entre outras...

Tras varias xornadas de folga, a presión sindical levou á patronal a sentarse a negociar. Tras varias horas de reunión, a parte empresarial trasladou varias propostas ás que os sindicatos déronlle a súa resposta. Fíxose un receso para que a patronal analizase a información trasladada pero argumentou que precisaba máis tempo e solicitou cambiar a reunión prevista. Isto foi rexeitado pola parte sindical e pedíronlle á patronal manter a data da xuntanza pero a patronal negouse e recorre de novo á estratexia da dilación. 

Para as centrais sindicais, este movemento, que segue a ser insuficiente, é consecuencia directa da presión e a forza demostrada polas traballadoras e traballadores do metal que secundaron masivamente as tres xornadas de folga. “A mobilización foi a que trouxo á patronal á mesa”, aseveran.

Debido a nova situación de paralización, as centrais sindicais fan un chamamento a todas as persoas traballadoras do sector para manter a tensión mobilizadora e, de non producírense avances significativos nas seguintes reunións que permitan pechar un acordo xusto, converter as xornadas de folga convocadas para dos días 10 e 11 de xuño noutro éxito de seguimento e participación.

Porque só desde a forza colectiva, a unidade de todo o sector e a determinación na loita poderase acadar un convenio con avances reais nas condicións laborais, salariais e sociais para as case 18.000 persoas que traballan no metal da provincia da Coruña.