O comité de empresa de Alu Ibérica remite unha carta ó Presidente do Goberno

Fecha: 03 Feb 2022

Pancarta
Concentración 02 de febreiro en A Coruña

O comité de empresa de Alu Ibérica en A Coruña remitiu unha carta ó Presidente do Goberno o 25 de xaneiro. Na carta os traballadores solicitan unha reunión con Pedro Sánchez para informarlle da situación dos traballadores.

Tamén solicitan ó Goberno que a Sociedad de Participaciones Industriales (SEPI) se posicione como posible mercador da planta, xa que é a única solución para rescatar unha producción vital para o país. A empresa ten calculado uns activos por valor de 210 millóns de euros e, a débeda é de 20 millóns de euros, dos cales a metade é débeda á Administración.

Os traballadores queren que se busque unha solución na que se teña en conta a tódolos traballadores da planta, e que non se especule cos activos da planta.