O comercio da alimentación da Coruña continúa coas mobilizacións con tres novas xornadas de folga

Fecha: 14 Out 2026

Marcha do persoal de comercio de alimentación polas rúas da cidade da Coruña.

Seguindo co calendario de mobilizacións programado, as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña protagonizaron tres novas xornadas de folga, os días 10, 11 e 13, e xa van 14 días de folga no sector, sempre cun seguimento masivo.

As traballadores e traballadores demanda un convenio laboral digno que recolla unhas condicións sociais e laborais equiparables ás que existen noutros convenios do sector.

Xa antes do verán abriuse este calendario de mobilizacións, xa hai tres meses, con xornadas de folga, concentracións fronte aos centros de traballo e manifestacións, como a que tivo lugar na Coruña este martes.

Entre as principais reivindicacións figuran a recuperación e mantemento do poder adquisitivo, a redución da xornada anual, a mellora da conciliación da vida laboral e persoal e unhas condicións económicas e sociais máis favorables. Pola contra, as propostas presentadas pola patronal, encabezada por Gadis e Froiz, non dan resposta ás principais demandas da parte social, todo isto mentres manteñen importantes beneficios.

A disposición a seguir negociando por parte dos sindicatos está aí pero, sen avances reais, o conflito continuará.