O cambio climático, un importante risco para a seguridade e a saúde no traballo

No Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, UGT advirte de que a crise climática supón un risco importante para a saúde das persoas traballadoras.

Fecha: 17 Abr 2024

A crise climática, un risco importante para a seguridade e a saúde no traballo, Na imaxe saen dúas personas (home e muller) mostrando síntomas de cansacio pola calor

Para UGT, o 28 de abril é unha data crucial, na que lembramos a todas aquelas persoas que faleceron ou sufriron as consecuencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

En 2023, segundo datos provisionais facilitados polo Ministerio de Traballo e Economía Social, en España producíronse 1.194.907 accidentes laborais, e rexistráronse 721 accidentes mortais (24 na provincia da Coruña), moitos deles por causas facilmente evitables. Son unhas cifras moi elevadas: seguimos rexistrando 2 mortes ao día no traballo.

Ademais de ser un día para lembrar, para o sindicato é un día de reivindicación e denuncia, xa que temos que visibilizar esta lacra. Cremos que a sociedade normalizou as mortes no traballo. E un día para homenaxear e recoñecer o traballo dos miles de delegados e delegadas de Prevención de Riscos Laborais (PRL) que coa súa acción sindical coidan e protexen a saúde e a seguridade dos seus compañeiros e compañeiras.

“A crise climática, un risco importante para a seguridade e a saúde no traballo”

É evidente que as diferentes transicións que se están a producir afectan a todos os ámbitos da vida, incluído o traballo e os riscos asociados a el. Dada a rapidez destes cambios debemos adaptarnos. Por iso, no contexto actual de transformación, debemos reflexionar sobre como garantir unhas condicións laborais seguras e saudables para todas as persoas.

A transición demográfica, con sociedades cada vez máis envellecidas, ou a dixitalización do mundo laboral tamén están a afectar á saúde das persoas traballadoras. A vixilancia constante, a falta de desconexión, a intensificación do traballo, a redución da autonomía e a determinación do persoal sometido á nova intelixencia artificial, acaban provocando graves problemas de saúde física e mental.

En UGT tamén levamos tempo alertando sobre a necesidade de afrontar e intensificar os esforzos para loitar contra o cambio climático. Os expertos sinalan a España como un dos países máis vulnerables e os impactos xa se notan.

Polo tanto, é necesaria unha revisión e adaptación do actual marco normativo en materia preventiva ás novas realidades do mundo laboral.

Hai que prever e xestionar os cambios derivados desta triple transición, abordándoos, xunto con outros relevantes, na mesa de diálogo social aberta. Por iso, dende UGT instamos ao goberno a axilizar os traballos desta mesa, co fin de chegar a acordos canto antes, coa única prioridade de protexer a seguridade e a saúde dos traballadores ante estas transicións.

Manifesto

Cartaz da concentración, día 26 de abril ás 13:00 diante da Confederación de Empresarios na Praza Luis Seoane. A imaxe é a mesma da publicación da entrada