Nova xornada de folga en Perfumerías Arenal na provincia da Coruña por unhas condicións salariais dignas
Fecha: 23 Dec 2023
Hoxe 23 de decembro, as traballadoras e traballadores das perfumerías Arenal na provincia da Coruña secundaron unha nova xornada de folga convocada en demanda de melloras salariais ata acadar, cando menos, as condicións establecidas no convenio de comercio minorista da provincia da Coruña. Esta convocatoria contou co respaldo maioritario das traballadoras e traballadores en asemblea nas tres localidades onde Arenal ten centros na provincia (A Coruña, Santiago e Carballo).
Lembrar que xa o pasado día 29 de novembro tivo lugar outra xornada de folga e está convocada outra para o 5 de xaneiro.