Os ex-traballadores de Alú ibérica reclaman fronte á sede da Xunta na Coruña solucións á súa situación
Fecha: 13 Abr 2023
Este xoves os ex traballadores da factoría de Alu Ibérica na Coruña manifestáronse fronte á delegación da Xunta na Coruña en demanda de solucións á situación que están a vivir.
Un ano despois de ser despedidos aínda non cobraron nada das súas indemnizacións e en seis ou sete meses agotarán as prestacións por desemprego. Son coñecedores pola prensa de conversas entre Resonac e Ignis coa administración concursal para facerse coas instalacións de A Grela pero a eles ninguén lles explica nada.
Hai un ano constituiuse un grupo de traballo entre o MInisterio, Xunta e representación dos traballadores para buscar solucións e inversores e a día de hoxe non se sabe nada dese grupo.
O membro do antigo comité, Juan Ramón Paseiro, de UGT, considera que o proxecto industrial presentado por Resonac e Ignis ante o administrador concursal é “un bluf” e supón “aproveitar a acción de rapiña”. Engadiu que “preocúpanos que a oferta non se comente cos despedidos. Fainos sospeitar que aproveitan a situación concursal para facerse co proxecto a moi baixo coste e deixarnos outra vez fóra dun proxecto industrial se se leva a cabo”.