As mulleres traballan gratis en Galicia 34 días do 2022
Fecha: 28 Nov 2022
UGT relanza a campaña #YoTrabajoGratis para denunciar a persistencia da brecha salarial entre homes e mujeres, do 9,4% en España e do 9.3% en Galicia. Para o sindicato, é imprescindible que a UE adopte unha Directiva sobre transparencia salarial e as empresas españolas cumplan ca lei de Rexistro Retributivo e Auditoría Salarial, co fin de previr e eliminar esta lacra social
A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores A Coruña Cee denuncia que as mulleres traballan gratis en España 34 días neste ano 2022. Desta forma, dende o 28 de novembro, ata o 31 de decembro, o sindicato relanza a campaña #YoTrabajoGratis para resaltar a brecha salarial entre mulleres e homes, unha lacra que aún perdura.
Segundo os últimos datos de Eurostat, a brecha salarial se fixa no 9,4% (9.3% en Galicia) en relación o salario/hora, o que nos sitúa no oitavo posto a nivel comunitario das brechas máis baixas en relación o salario/hora.
Aínda que desde hai máis de 45 anos existe unha lexislación europea sobre a igualdade salarial entre mulleres e homes, a brecha salarial de xénero na Unión Europea segue sendo inaceptablemente elevada, o 13 %.Isto equivale a un mes e medio de salario, 47 días de salario. Por este motivo, a Comisión Europea marca do 15 de novembro como un día simbólico para concienciar sobre o feito de que as traballadoras en Europa seguen gañando de media menos que os seus compañeiros. Dentro da UE tamén hai grandes diferenzas. Destacan nos extremos o 22,3% de Letonia e o 0,7% de Luxemburgo.
Para UGT, hai que seguir traballando para eliminar estas diferenzas. Neste senso, o Sindicato insta a aprobar, canto antes, a Directiva de Transparencia Salarial, unha norma comunitaria que contribuirá a reducir a brecha salarial entre mulleres e homes en todos os Estados membros.
As empresas deben cumplir ca lei para acabar coas brechas
Ademáis, o sindicato recorda que, en España, é fundamental que as empresas cumplan o Real Decreto 902/2020 de igualdade retributiva entre mulleres e homes, que vai permitir que as persoas conozcan a brecha salarial que existe nos centros de traballo e as discriminaciones salariais, co fin de correxilas e eliminalas a través dos rexistros retributivos, obligatorios en todas as empresas do noso país, tengan o tamaño que teñan, así como as auditorías salariais que hai que negociar dentro dos planes de igualdade.
E para que esto se cumpla, é fundamental que a actuación da Inspección de Traballo aborde a discriminación salarial das mulleres nas empresas, ao igual que todos os aspectos que afectan a esta brecha salarial, como son tipos de contratos, reduccións de xornadas ou excedencias, entre outras cuestións.
► Informe "Eu Traballo Gratis"