Mobilizacións en todo o territorio nacional pola redución da xornada laboral ás 37,5 horas

Humanizar as relacións laborais e mellorar a vida das persoas

Fecha: 27 Set 2024

Imaxe da pancarta diante da Confederación de empresarios da Coruña. Lema: Pola reducción do tempo de traballo.

Desde CCOO e UGT facemos un chamamento ás organizacións empresariais a apostar por un acordo para levar a cabo esta redución de xornada, promovendo empresas máis produtivas que
melloren a calidade da saúde e a vida das persoas traballadoras. Esta medida favorecerá unha mellor conciliación corresponsable entre a vida laboral, social, persoal e familiar, e contribuirá á
creación e repartición do emprego no noso país. Os beneficios empresariais actuais demostran que é o momento de afrontar esta medida. A redución da xornada laboral servirá para manter e crear máis emprego de calidade. 

Facemos tamén un chamamento a todos os partidos do arco parlamentario a comprometerse coa redución da xornada laboral, apostando por un modelo produtivo que teña como obxectivo a mellora do emprego e das condicións laborais de todas as persoas traballadoras. É hora de abandonar modelos baseados nos baixos salarios e en longas xornadas laborais que xa demostraron o seu fracaso para a produtividade e a xeración de riqueza para o conxunto do país.

A redución da xornada laboral en España non é só unha necesidade, senón unha cuestión de xustiza social e un mecanismo de solidariedade que debe implementarse de inmediato. A riqueza que xera un país debe repartirse equitativamente, co fin de traballar menos e vivir mellor.

Traballar menos horas ten un impacto positivo na saúde física e mental das traballadoras e traballadores. A redución do estrés laboral e o aumento do tempo libre permiten descansar adecuadamente. Ter máis tempo non só mellora o benestar xeral, senón que tamén reduce as taxas de absentismo e as baixas por enfermidade. Desde esta perspectiva, tamén vense beneficiadas as empresas en termos de custos e continuidade do traballo. Esta medida axudará a ter empregos de maior calidade e mellorará a economía das persoas traballadoras e das empresas.

Reducir a xornada tamén é un mecanismo de igualdade de xénero, xa que contribúe a unha mellor conciliación corresponsable.

Reducir a xornada laboral tamén pode ter beneficios ambientais. Como se demostrou nas experiencias piloto realizadas, menos horas de traballo poden significar menos desprazamentos Porque mellora a saúde e calidade de vida das persoas traballadoras. Porque ten un impacto directo na mellora de produtividade das empresas e na economía do país. Porque contribúe a avanzar na igualdade efectiva entre mulleres e homes. Porque xa toca. Porque é o momento. diarios, o que reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro e a contaminación do aire.

 

Imaxe con texto: Porque xa toca. Porque é o momento. 37.5 horas semanais XA!