Menos presión comercial e máis plantilla
Fecha: 28 Out 2022
Na semana de presentación de beneficios a FeSMC-UGT, xunto aos principais sindicatos maioritarios do sector financeiro, denuncian a falta de vontade das patronais AEB e CECA para abordar mecanismos compensatorios da perda de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras na actual contorna inflacionista.
Para os sindicatos, evidénciase unha total falta de compromiso dos Bancos cas súas plantillas, a pesar de estar a bater récord de beneficios e de retribucións das cúpulas directivas. Por iso, hoxe tuvo lugar a primeira fase de mobilizacións na semana na que as entidades presentan os seus resultados do terceiro trimestre, con concentracións que se están a desenvolver por todo o país.
Nas reunións dos Observatorios sectoriais de Aforro e Banca celebradas os pasados días 20 e 21, as patronais CECA e AEB pediron máis tempo para a “reflexión” e para que poidan “despexarse incertezas” nas que se escusan.
Os Consellos da Administración das entidades do sector teñen que recordar que as plantillas non son un coste numérico, se non artífices dos beneficios do sector e, moi especialmente, os que sosteñen a reputación que as direccións, coa falta de persoal, medios, recursos e empatía deterioraron. É imprescindible que deixen de buscar excusas, e que dean instruccións a CECA e AEB, así como ás asociacións patronais do sector de Cooperativas de Crédito, para abordar a búsqueda de acordos de aplicación ó conxunto de plantillas e en cuantías suficientes.