A mellora do emprego debe trasladarse á calidade de vida das persoas traballadoras
Queda marxe para reducir os contratos temporais e mellorar os contratos indefinidos
Fecha: 10 Xul 2024
Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social do mes de xuño, seguen a reflectir a boa marcha do mercado laboral, que rexistra por quinto mes consecutivo unha baixada do paro rexistrado e un aumento do emprego afiliado, coincidindo co o mes que comeza o período estival.
Así, o paro rexistrado reduciuse en xuño en 1.564 persoas, ata alcanzar un total de 46.933 rexistradas como desempregadas. Pola súa banda, a afiliación á Seguridade Social increméntase en 2.151, chegando agora a contabilizar 471.538 persoas. Con respecto ao ano anterior, hai 10.528 persoas afiliadas máis, polo que a taxa de creación de emprego anual acelera ata o 2,28%.
Este mes asináronse un total de 27.973 contratos, dos que 8.347 son indefinidos, o que supón o 29,84% do total de contratos.
A reforma laboral conseguiu reducir a excesiva temporalidade que caracterizaba o noso mercado laboral. Non obstante, non hai que esquecer que aínda hai marxe de mellora para seguir avanzando na estabilidade laboral. Por unha banda, aínda queda marxe para reducir os contratos temporais. Por outra banda, tamén se pode mellorar a calidade dos contratos indefinidos, perfeccionando algunhas características e usos do contrato indefinido descontinuo, e ampliando a protección contra o despedimento para que se adapte aos criterios da Carta Social Europea Revisada, tal e como denunciou UGT ante o Comité Europeo de Dereitos Sociais.
Así mesmo, para que a crecente calidade formal do emprego se traduza nunha mellora real das condicións de vida das persoas traballadoras, é fundamental avanzar na redución da xornada, cumprindo os compromisos do goberno de acadar as 38,5 horas semanais en 2024 e as 37,5 fhoras en 2025, sen redución salarial.
Por iso, UGT reclamou ante o Comité Europeo de Dereitos Sociais un mellor rexistro da xornada e unha retribución das horas extraordinarias que sexa, como mínimo, un 25% superior á das horas ordinarias. Esta proposta ofrecerá a miles de persoas, que actualmente traballan longas xornadas mal pagadas ou sen remunerar (case a metade das horas extraordinarias non son remuneradas), a posibilidade de percibir un salario digno de acordo co rexistro real da súa xornada laboral. Así, evitarase posibles fraudes<< na futura lei de redución de xornada e promoverase unha mellora da conciliación e da calidade de vida das persoas traballadoras.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En xuño rexistráronse un total de 46.933 persoas en situación de desemprego, 1.564 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.900 persoas (-9,45%).
- Neste mes hai 781 homes e 783 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a maio. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.959 mulleres e o masculino en 1.941 homes. As mulleres representan o 58,87% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.672 en xuño, o que supón unha diminución de 91 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en maio. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 166 menores de 25 anos desempregados menos.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados diminue en xuño en 172 persoas; chegando a un total de 3.645 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 17 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa unha diminución de 1.564 persoas paradas. Se produce unha diminución en todos os sectores: 122 persoas no colectivo sen emprego anterior, 55 persoas no agro, 160 na industria, 105 persoas no sector da construción e de 1.122 no sector servizos.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 2.151 persoas en xuño, ata alcanzar unha media de 471.538 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 27.973, dos cales 8.347 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de xuño sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 29,84%.