Maior estabilidade no mercado laboral
É necesario optimizar as condicións nas que se desenvolven os contratos indefinidos
Fecha: 02 Feb 2024
Os datos de desemprego rexistrado e afiliación á Seguridade Social do mes de xaneiro, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), amosan un aumento de persoas desempregadas e unha caída de afiliados en liña co comportamento habitual do mercado laboral no meses de xaneiro, caracterizado polo remate do período de Nadal e, polo tanto, polo extraordinario tirón que supón para o emprego.
Na provincia da Coruña, o paro rexistrado aumentou en 696 persoas con respecto ao mes anterior, comezando o ano cun total de 52.563 persoas desempregadas. A afiliación, pola súa banda, diminúe en 5.032 e sitúase nun total de 455.783 persoas, superando a cifra rexistrada no mesmo mes do ano anterior. En termos anuais, isto supón que o ritmo de creación de emprego se mantén no 2,32%, síntoma dun mercado laboral forte e dinámico que resiste mellor do previsto o contexto económico e político nacional e internacional.
Maior estabilidade laboral
Neste mes de xaneiro asináronse un total de 21.835 contratos, 530 máis que o ano pasado. Os contratos indefinidos ascenden a 7.907, o que supón o 36,21% da contratación.
É fundamental seguir mellorando a calidade do emprego desde todos os ámbitos, optimizando as condicións nas que se desenvolven estes contratos indefinidos, aumentando a súa estabilidade real.
Avance na protección dos traballadores
Para conseguilo, é fundamental seguir avanzando na protección das persoas traballadoras e continuar cas cuestións que estaban pendentes hai dous anos, como a reforma do despedimento, que segue incumprindo a Carta Social Europea Revisada. Para que a contratación laboral indefinida teña verdadeiras garantías é necesario que a indemnización por despedimento adquira un carácter disuasorio e compensatorio, recuperando tamén os salarios de tramitación. Isto desprazaría ao despedimento como última opción posible para o empresario, promovendo outras alternativas, como a formación e a recolocación, moito máis beneficiosas para ambas as partes, xa que contribúen a aumentar a produtividade, reducir custos e dotar á persoa traballadora dun extra de seguridade laboral, moi necesaria hoxe en día para poder ter en conta proxectos de vida a longo prazo.
Así mesmo, cómpre que non se demore as negociacións en materia de redución de xornada, chegando ás 35 horas semanais antes do remate da lexislatura e co obxectivo fixado nunha xornada de 32 horas sen redución salarial.
Asemade, é fundamental que se adopten medidas para reducir o subempleo (fundamentalmente, o tempo parcial involuntario e o posible abuso de contratos indefinidos descontinuos), que constitúe a principal causa da redución dos ingresos que obteñen milleiros de persoas traballadoras e, polo tanto, da pobreza laboral que padecen os fogares.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En xaneiro rexistráronse un total de 52.563 persoas en situación de desemprego, 696 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 5.733 persoas (- 9,83%).
- Neste mes hai 117 homes e 579 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a decembro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 3.564 mulleres e o masculino en 2.169 homes. As mulleres representan o 58,59% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.028 en xaneiro, o que supón un descenso de 144 persoas menos desempregadas que en decembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 195 menores de 25 anos desempregados menos.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados aumenta en xaneiro en 152 persoas; chegando a un total de 4.022 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento do 2 %, o que supón 80 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa unha aumento de 696 persoas paradas. Se produce un aumento no sector servizos de 970 persoas, e unha diminución nos sectores da : industria de 76 persoas paradas, 96 persoas no sector da construción, 26 persoas na agro e 76 no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminue en 5.032 persoas en xaneiro, ata alcanzar unha media de 455.783 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 21.835, dos cales 7.907 foron de carácter indefinido.
- O volume de contratos aumenta en termos anuais nun 2,49 %, os temporais fano nun 2,97 % e os indefinidos nun 1,65 %. O peso das persoas traballadoras fixas de xaneiro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 36,21%.